Boletín CIG Saúde Laboral Nº 67. Monográfico sector construción26-05-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralA vixilancia sanitaria específica das persoas traballadoras expostas a vibracións no sector da construción é unha ferramenta preventiva esencial para protexer a saúde, a capacidade laboral e a calidade de vida do cadro de persoal. Vai máis aló dun trámite administrativo: conecta a avaliación técnica da exposición con intervencións médicas, organizativas e formativas, permitindo detectar efectos precoces, avaliar a eficacia das medidas de control e orientar actuacións que eviten danos irreversibles. A importancia da vixilancia da saúde en materia de vibracións é especialmente importante no sector da construción debido a unha alta prevalencia de exposición, en tarefas con uso de martelos pneumáticos, compactadores, serras e plataformas que xeran vibracións; efectos acumulativos, os danos por vibración adoitan ser crónicos e progresivos; impacto funcional e socioeconómico, por perda de destreza, dor crónica e posibles incapacidades; limitacións de control técnico en obra: a imposibilidade de eliminar totalmente a exposición en moitos procesos fai que a vixilancia da saúde sexa un compoñente imprescindible da prevención. | ![]() |
|---|
Boletín CIG Saúde Laboral Nº 67. Monográfico sector construción
- A vixilancia sanitaria específica de persoas traballadoras expostas a vibracións no sector da construción
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 67. Monográfico sector construción pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.