Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 64

24-02-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

Ante os desafíos do cambio climático ou outro tipo de catástrofes, o Real Decreto-lei 8/2024, do 28 de novembro contempla permisos remunerados de ata catro días que garantan a seguridade das persoas traballadoras no caso de que sufran risco grave e inminente. Tamén estabelece a obrigatoriedade de que os convenios inclúan un protocolo de actuación que recolla medidas de prevención de riscos especificamente referidas á actuación fronte a catástrofes e fenómenos meteorolóxicos adversos. As empresas estarán obrigadas a informar ás persoas traballadoras dos riscos e medidas que se levarán a cabo, adoptar medidas e dar instrucións para interromper a actividade ata que remate o perigo. A representación legal das persoas traballadoras conta, a partir de agora, cun novo dereito de información das medidas de actuación previstas con motivo da activación de alertas por catástrofes e outros fenómenos meteorolóxicos adversos e, no seu caso, poderán parar a actividade.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 64

- Catástrofes e fenómenos meteorolóxicos adversos.

- Síntese de actividade 2025. Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 64 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS