Boletín CIG Saúde Laboral Nº 6329-10-2025 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGA Instrución IS-47 do Consello de Seguridade Nuclear, CSN, publicada no BOE de 9 de abril de 2025, pecha o círculo iniciado coa publicación da Directiva 2013/59/Euratom de 5 de decembro de 2013, pola que se estabelecen as normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións ionizantes na que se require que os estados membros poñan en marcha plans estatais de actuación contra o radon, co fin de reducir o risco de cancros debido á exposición a este gas radioactivo de orixe natural. A IS-47 recolle no seu articulado a relación de temos municipais de actuación prioritaria contra o radon, fixa o prazo para iniciar as medicións trala apertura de novos centros de traballo, estabelece directrices para a planificación e execución dos estudos de medición da concentración de radon no ar interior, determina a frecuencia con que estas medicións deben repetirse e estandariza o informe de resultados. | ![]() |
|---|
Boletín CIG Saúde Laboral Nº 63:
- Radon nos centros de traballo: municipios prioritarios, metodoloxía, medicións, informes de resultados.
- Principios xerais da acción preventiva
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 63 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.