Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 60. Monográfico Sector

28-05-2025 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

O Real Decreto 893/2024, publicado o 10 de setembro de 2024, estabelece novos dereitos laborais para as traballadoras do fogar e do servizo de axuda a domicilio, marcando un avance significativo na protección da súa seguridade e saúde. Este decreto busca eliminar discriminacións históricas e acredita o traballo doméstico como un piar fundamental da sociedade. O Real Decreto recoñece dereitos laborais como a formación en prevención de riscos laborais, a vixilancia do estado de saúde, a protección ante situacións de acoso e violencia, así como obrigas para as persoas empregadoras como a avaliación dos riscos, adopción de medidas preventivas, a provisión de equipos de protección e a información sobre os riscos aos que as persoas traballadoras están expostas. Este RD tamén recolle aos servizos de axuda a domicilio (SAD), e ás especiais características desta actividade, que se desenvolve en domicilios privados.

Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 60

Novos dereitos laborais para as traballadoras ao servizo do fogar e de axuda a domicilio. (Real Decreto 893/2024 de 10 de setembro)

O Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 60 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral Monográfico Sector unicamente se publica en formato dixital.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS