Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 58. Monográfico Sector

26-02-2025 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

A sílice ou dióxido de silicio (SiO2), é un componente básico da terra, area, granito e outros moitos minerais que pode presentarse en forma cristalina ou amorfa (non cristalina), tanto en depósitos sedimentarios naturais como en produtos creados artificialmente. A forma máis común de sílice cristalina é o cuarzo, que se atopa na maioría dos distintos tipos de rocha. As fontes de exposición laboral a sílice cristalina son moi numerosas xa que forma parte da composición de moitos minerais, que a súa vez son compoñentes básicos dunha gran variedade de actividades ou sectores industriais. Aínda que a potencial exposición a sílice cristalina respirable é un risco coñecido en moitas actividades e sectores, a aparición de novos materiais de construción, como os aglomerados de cuarzo, cunha elevada proporción de sílice cristalina entre os seus compoñentes, propiciou a aparición de novos casos de silicose en actividades laborais nas que ata hai pouco tempo non se producían.

Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 58

- Sílice cristalina respirable. Aglomerados de cuarzo: medidas preventivas en operacións de mecanizado

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 58 pode descargarse premendo na seguinte  ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS