Boletín CIG Saúde Laboral Nº 5627-11-2024 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralO estrés laboral é o segundo problema de saúde máis frecuente entre as persoas traballadoras tralos transtornos musculoesqueléticos; está identificado como un dos principais causantes dos trastornos mentais no lugar de traballo: as longas xornadas de traballo, a presión para cumprir cos prazos, os conflitos interpersoais e a inseguridade laboral son só algunhas das cau-sas comúns de estrés laboral que enfrontan as persoas traballadoras en toda a Unión Europea; Segundo estatísticas recentes, aproximadamente o 38,2% da poboación da Unión Europea sofre algún tipo de trastorno mental, que inclúe ansiedade, insomnio e depresión; dúas terceiras partes das persoas traballadoras da UE están expostas a factores de risco psicosocial que poden provocar problemas de estrés e de saúde mental; así, o estrés laboral é unha preocupación cada vez maior: máis do 51% dos traballadores/as informan experimentar estrés de maneira habitual no su lugar de traballo. No que atinxe ao Estado español o 66% das persoas traballadoras sofren estrés laboral a lo menos unha vez por semana e o 15% todos os días. Segundo o V Barómetro InfoJobs sobre Preocupacións en relación ao emprego, a principal preocupación é o estrés laboral, condicionado polo exceso na carga de traballo ou prazos de entrega axustados, que obtén o 56% das mencións. |
|---|
Boletín CIG Saúde Laboral Nº 56
- Estrés laboral: o risco psicosocial que non para de medrar.
- Perfil de vulnerabilidade das persoas traballadoras de máis de 55 anos
- Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG. Síntese de actividade.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 56 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.