Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 55. MONOGRÁFICO SECTOR

24-10-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Na execución de traballos temporais en altura sobre cubertas, planas ou inclinadas, relacionados coas labouras de desmontaxe ou montaxe, de mantemento ou de limpeza, danse unha serie de circunstancias, como poden ser a altura á que se efectúan os mesmos, a baixa resistencia e fraxilidade dos materiais, as inclemencias meteorolóxicas, a pendente máis ou menos acentuada, etc., que fan que o número de accidentes que se producen mentres se efectúan devanditos traballos teñan consecuencias moi graves, case sempre mortais ou con incapacidades permanentes. Neste Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Construción, veremos normas para a realización de traballos en cubertas en condicións seguras previndo os accidentes que se poidan derivar de actos inseguros, ben sexa pola falta de planificación, de procedementos de traballo específicos ou pola escasa formación das persoas traballadoras, que deriven na falta de implantación de medidas preventivas ou nunha incorrecta selección e utilización dos equipos de protección individual necesarios en ausencia de medios de protección colectiva. Tamén se inclúe información sobre algúns sistemas de protección colectiva e sobre sistemas de protección individual contra caídas de altura, con especial atención aos sistemas anticaídas e os distintos tipos de dispositivos de ancoraxe.

Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 55

- Traballos temporais en altura sobre cubertas.

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 55 pode descargarse premendo na seguinte  ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS