Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 54

10-10-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

A sinistralidade laboral rexistrada na Galiza no primeiro semestre (xaneiro-xuño) deste ano 2024, indícanos como ven acontecendo nos últimos tempos, que a deficiente prevención de riscos laborais nas empresas galegas segue a producir altos e inaceptables resultados de sinistralidade laboral no noso País, moi por enriba da sinistralidade laboral media rexistrada no conxunto do Estado e no conxunto das outras CCAA. En relación ao primeiro semestre do ano 2023 os accidentes cualificados como leves incrementáronse nun 4,75%, subindo a porcentaxe en todos os sectores produtivos da nosa terra; os accidentes cualificados como graves, experimentaron unha suba do 9,09 %, destacando especialmente o incremento do 27,69 % no sector servizos; no que atinxe aos accidentes de carácter mortal, aínda que no cómputo global descenderon un -3,70 %, a sinistralidade con resultado de morte neste período incrementouse nun 20 % no sector da construción e nun 10 % no sector servizos. O datos estatísticos amosan un significativo incremento da sinistralidade no colectivo das mulleres traballadoras galegas: en relación ao primeiro semestre de 2023, os accidentes de carácter leve subiron un 10,60 %, os graves un 62,50 % e os mortais un 100 %.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 54

- Accidentes de traballo na Galiza. “De mal en peor”. Principais resultados xaneiro – xuño 2023/2024.

- Organización dos primeiros auxilios na empresa.

- Prevención de riscos laborais das persoas traballadoras de 55 anos ou máis.

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 54 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS