Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 44

17-07-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

En formato monográfico abórdanse neste número do Boletín os ámbitos, elementos e aspectos claves a considerar no proceso de introdución e implantación da AI (Intelixencia Artificial) nos sistemas de produción e organización do traballo, así como os riscos sociais e laborais asociados a este proceso. Algoritmos, robotización, plataformas colaborativas, datificación, sistemas AIWM ... comparten espazo cos importantes riscos laborais asociados a estas novas formas de traballo, as oportunidades que ofrece a IA para a mellora da saúde e seguridade das persoas traballadoras e e as importantes consecuencias que terá a nivel social a implantación masiva da IA no ámbito laboral: destrución masiva de empregos sen que se teñan deseñado políticas que aborden solucións tanxibles e efectivas a este novo contexto sociolaboral, concentración do capital, precarización laboral, desequilibrio socioeconómico, etc.

Artigo do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 44 (monográfico)

Os riscos inherentes á implantación da Intelixencia Artificial nos centros de traballo.

-          IA: algoritmos

-          IA: robotización e plataformas colaborativas (P2P, B2C, plataformas de acceso)

-          Intelixencia artificial para traballadores/as. Xestión: riscos e oportunidades. EU-OSHA (Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo. Documento orixinal en inglés.

-          Borrador da primeira Lei europea sobre intelixencia artificial

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 44 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS