Boletín CIG Saúde Laboral Nº 4115-12-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIGNun ano, o 2021, marcado aínda pola COVID-19, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG continuou a traballar nas liñas de actuación habituais: formación en prl, asesoramento técnico a través das técnicas e técnicos de prl que dan cobertura a todo o territorio e sensibilización en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Algúns datos do balance anual: número de solicitantes de actividades de formación programadas durante o ano: 4.417 persoas; porcentaxe de asesoramentos que requiriron de elaboración de documentación por parte dos nosos técnicos e técnicas: máis do 53%; número de visitas á web www.cigsaudelaboral.org, que inclúe o espazo web coronavirus, creado nos primeiros días do mes de febreiro do ano 2020 e que sigue actualizándose diariamente con documentos técnicos, protocolos de actuación, lexislación: máis de 50.000 visitas; e os cinco números de Boletín CIG Saúde Laboral editados este ano, chegando con este que poñemos á túa disposición, ao número 41 da serie. |
|---|
Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 41
1. Construción: perigo nanomateriais.
2. Acoso laboral: un delito cheo de covardía e mesquindade.
3. Impacto da intelixencia artificial na seguridade e a saúde ocupacional. Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA).
4. Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIG. Síntese de actividade 2021.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 41 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí