Boletín CIG Saúde Laboral Nº 3518-12-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIGLogo de moitos retrasos e anos de negociación no marco da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, CNSST, dende xuño de 2016 no Estado español estaba vixente o VLEP (Valor Límite de Exposición Profesional) de 0.05 mg/m³ para a fracción respirable de sílice cristalina. Increíblemente este VLEP está a punto de cambiar para peor, como consecuencia da aceptación por parte da Secretaría de Estado para o Emprego, que preside a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, das alegacións presentadas pola representación empresarial ao Proxecto de Real Decreto polo que se modifica o RD 665/1997 de 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, modificación consecuencia da trasposición da Directiva (UE) 2017/2398 do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de decembro de 2017. No pleno do CNSST celebrado o pasado 8 de outubro foi aprobado, coa oposición frontal das organizacións sindicais presentes, o incremento, entre outros, do VLEP da fracción respirable de sílice cristalina do actual 0.05 mg/m³ a 0.1 mg/m³, valor contemplado pola Directiva en proceso de trasposición. |
|---|
O número 35 do Boletín CIG Sáude Laboral abre a relación de contidos co artigo “A silicose na Galiza: morte e enfermidade que non cesa” baixo o epígrafe Análise /Opinión.
En Información/Opinión, atopamos “Recomendacións básicas ante as malas actuacións das Mutuas. Prontuario de actuación”.
Baixo a cabeceira Información, “A Incapacidade Temporal: procesos asociados a situación de baixa e alta médicas”.
Completa o sumario o artigo Síntese de actividade 2019. Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 35 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí