Boletín CIG Saúde Laboral Nº 3330-07-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIGO radon constitúe a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco. A OMS estima que a proporción dos casos de cancro de pulmón a nivel estatal atribuíbles ao radon, con respecto do total, varía dun 3% a un 14%. Actualmente non se coñece un limiar de exposición por baixo do cal a concentración de radon interior non supoña ningún risco. Este artigo (complementario ao publicado sobre este tema no Boletín CIG Saúde Laboral Nº 23) abórdase o tratamento deste risco dende o punto de vista da lexislación vixente e dos recursos legais a disposición dos traballadores/as para reclamar do empresario/a e das institucións os medios necesarios para garantir a debida seguridade no desenvolvemento do traballo. |
|---|
O número 33 do Boletín CIG Saúde Laboral abre a relación de contidos co artigo "O radon e a lexislación vixente" dentro do epígrafe Colaboración.
O presente Boeltín comprétase cos artigos "O risco durante o embarazo e as novas táboas SEGO 2019, un retroceso na protección da maternidade", baixo o epígrafe Análise - Opinión; "Traballar para un futuro máis prometedor. Informe final da Comisión Mundial sobre o Futuro do Traballo. OIT", no apartado Documento - Análise; "Fumes de soldadura: un risco para ter moi en conta", baixo a cabeceira A Fondo.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 33 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí