Boletín CIG Saúde Laboral Nº 2828-06-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIGCoincidindo coa conmemoración do Centenario da OIT no vindeiro ano 2019, esta organización aprobou levar a cabo sete "iniciativas de debate" consideradas fundamentais, para ser tratadas no plenario da "Conferencia Internacional do Traballo", que está previsto se desenvolva ese ano. Dentro destas iniciativas atópase o "Futuro do Traballo", que se aborda a través de distintas fases. A primeira fase de reflexión xira ao redor de catro "conversacións", nas que se tratarán cinco importantes ámbitos xerais de análise, que neste "informe inicial" correspóndense son cinco "capítulos" que conforman a base de información para o debate na Comisión Mundial da OIT sobre o Futuro do Traballo. O primeiro destes capítulos "Principais retos a enfrontar no mundo do traballo na situación actual", é a base do primeiro artigo do presente Boletín |
---|
O sumario deste número está formado por seis artigos encadrados nas seccións Información, Documento - Análise, Sabías que...?, e Espazo web.
Baixo o epígrafe Información atópanse os artigos "OIT. Informe inicial para a Comisión Mundial sobre o Futuro do Traballo", que abre este número do Boletín, e "O po de sílice libre entra no cadro de enfermidades profesionais".
Encadrados no apartado de Documento - Análise, trátanse o "Proxecto do novo regulamento de Lei de mutuas: un novo paso na destrución de dereitos dos/as traballadores/as" e a "Avaliación da aplicación práctica das directivas de seguridade e saúde no traballo (SST) no marco da UE.
En Sabías que...? abórdase o "Control da incapacidade temporal e prestacións económicas" e para rematar en Espazo web realízase un pequeno resumo dos contidos dispoñibles na sección web "T+55: seguridade e saúde laboral para traballadores/as maiores de 55 anos" (dispoñible a través da portada da web www.cigsaudelaboral.org).
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 28 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí