Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 6224-09-2025 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGA prohibición de produción e instalación de produtos e materiais que conteñen amianto produciuse no Estado español no mes de decembro de 2021. Tendo en conta que a duración destes produtos e materiais é de aproximadamente 25 – 30 anos, atopámonos con que nos vindeiros 10 anos debería darse unha retirada masiva e continua dos elementos con amianto, respectando e implementando os protocolos de seguidade e saúde laboral contemplados na lexislación vixente para os procesos de desmontaxe, encapsulación, transporte e eliminación ou almacenamento destes materiais. No caso da nosa terra, este proceso cobra unha especial importancia dada a gran cantidade de galpóns, cobertizos, tellados e conducións de auga que levan amianto na súa composición, especialmente nas zonas rurais, constituíndose en perigosos e permanentes focos de contaminación de terras e fontes de auga. A retirada de amianto está regulada polo Real Decreto 369/2006, que neste momento está pendente de modificación para adaptarse á Directiva (UE) 2023/2668; a modificación deberá ser efectiva antes do 21 de decembro de 2029. | ![]() |
|---|
Boletín CIG Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 62
Prevención de riscos laborais das persoas traballadoras expostas ao amianto. Disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.
Proposta de modificación dos contidos do RD 396/2006, de 31 de marzo, para a súa obrigatoria concordancia coa Directiva Europea 2023/2668. Grupo de Traballo Amianto da CNSST
Real Decreto 483/2025 de 17 de xuño polo que se estabelecen os requisitos e se regula o procedemento para recoñecer o dereito á compensación económica ás vítimas do amianto.
O Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector Nº 62 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral Monográfico Sector unicamente se publica en formato dixital.