Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 926-03-2014 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIGO artigo de opinión de Luís Burgos titulado “A CIG rexeita a reforma das Mutuas proposta polo goberno español” abre o número 9 do Boletín CIG – Saúde Laboral, o primeiro que edita o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG este ano 2014. Neste número podes atopar ademáis outros artigos en relación ás problemáticas suscitadas polas tarxetas profesionais sectoriais, a responsabilidade social empresarial e a seguridade e saúde no traballo, os nanomateriais e os riscos asociados ao traballo cos mesmos, e os Servizos de Prevención Mancomunados. | ![]() |
|---|
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 9, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. A partires deste número, o Boletín únicamente se publicará en formato dixital.
O sumario deste número 9 conta con dous artigos dentro baixo o epígrafe de Opinión: por unha banda “A CIG rexeita o reforma das Mutuas proposta polo goberno español”, que aparece na portada, e “A Responsabilidade Social Empresarial, RSE, e a Seguridade e a Saúde no Traballo, SST.”
No apartado Sabías que…? vemos, baixo o título “As tarxetas profesionais sectoriais: unha barreira para a acreditación da cualificación en prevención de riscos laborais” as dificultades que se derivan da implantación deste sistema de acreditación da formación en materia de prevención de riscos laborais para traballadores e traballadoras dos sectores afectados. Baixo o epígrafe Información Técnica atopamos “Nanomateriais: riscos nano?” e no apartado de Publicacións “Guía práctica de implantación de Servizos de Prevención Mancomunados”.
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral
CIG