Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 1811-03-2016 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIGO incremento da poboación traballadora maior de 55 anos e a imposición do alongamento da vida activa, supón o incremento da idade media dos traballadores/as das empresas así como a proporción de estos en relación a traballadores/as de menor idade. O proceso de envellecemento dos seres humanos supón polo xeral un progresivo deterioro da súa saúde, o que ten consecuencias directas sobre a saúde laboral e os riscos aos que se deben enfrentar os traballadores/as maiores de 55 anos. Co fin de abordar esta problemática, o Gabinete Confederal de Saúde Laboral da CIG pon en marcha unha modesta iniciativa de análise e información a traves do espazo web "Seguridade e saúde laboral para traballadores/as maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes". O acceso a este novo espazo é posible a través da portada da plataforma www.cigsaudelaboral.org |
|---|
O sumario deste número conta cos artigos "T+55. Trabajadores/as en riesgo" e "Industria 4.0: os novos retos do mercado laboral" baixo o epígrafe de Sabías que...?
En A Fondo realízase unha análise en profundidade da "Sinistralidade laboral:Galiza 2015"
Baixo o epígrafe Información, atopamos "Análise da sinistralidade e as súas causas nas obras menores: propostas de actuación", baseado no informe do Grupo de Traballo da Construción da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
En Información-Opinión, tratamos a "Última modificación da regulación da TPC: unha fuxida cara adiante na mala dirección" e, para rematar, o “Taboleiro”.
Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí