Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 1514-07-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIGEstamos a vivir unha situación de marcha atrás no que á saúde laboral se refire. O avance vivido nos últimos anos nas políticas preventivas dos Estados da Unión Europea, pon o punto morto ou incluso a marcha atrás. Unha análise de situación abre este número do Boletín, que complementa o seu sumario con temas relativos aos disruptores endocrinos, o Código Ético Internacional en materia de Saúde Laboral, recemente renovado, e o traballo a quendas e nocturno. | ![]() |
|---|
O sumario deste número conta co artigo de Análise-Opinión "Machadazo europeo á saúde laboral".
Baixo o epígrafe Información atoparemos os artigos "Os disruptores endocrinos e o poder dos lobbies na UE" e "A Comisión Internacional de Saúde Laboral (ICOH) procedeu a renovar o seu código ético internacional en materia de saúde laboral"
Finalmente en Sabías que...? atoparemos "Traballo a quendas. Traballo nocturno".
Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral
CIG