Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 1413-05-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIGO artigo de Análise e opinión sobre a recentemente aprobada Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020 abre o número 14 do Boletín CIG Saúde Laboral. Así mesmo, neste número desenvolvense contidos relacionados coas funcións dos delegados e as delegadas de prevención e seu dereito de acceso á documentación preventiva da empresa, segundo o Criterio Técnico 43/2205 da Inspección de Traballo e Seguridade Social. Péchase o Boletín co recordatorio de remate do período de adaptación ao Regulamento (CE) 1272/2008 para Clasificación, Etiquetado e Envasado de substancias e mesturas químicas, CLP. | ![]() |
|---|
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 14, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.
O sumario deste número conta co artigo de Análise-Opinión "Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020: tarde, mal e a rastro".
Baixo o epígrafe Información atoparemos "O delegado e a delegada de prevención".
Complementando a este artigo, desenvolvese na sección Sabías que...?, "O dereito de acceso á documentación preventiva dos delegados e delegadas de prevención e o CT-43/2205 da Inspección de Traballo e Seguridade Social". Finalmente en Información atoparemos "Remata o perído de adaptación ao CLP".
Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral
CIG