Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 111-05-2012 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIGXa está a vosa disposición o segundo número da publicación Boletín CIG Saúde Laboral. Os temas que se abordan están relacionados cos riscos psicosociais, os trastornos musculoesqueléticos, o risco químico ou a Tarxeta Profesional da Construción. No editorial, Antolín Alcántara Álvarez, Secretario Confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, realiza un breve repaso á situación laboral en materia de saúde laboral na que estamos inmersos no país e na importancia que ten a negociación colectiva como medio para mellorar as nosas condicións de traballo. | ![]() |
|---|
O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº1, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.
Neste número, atoparedes os artigos de información : Conceptos básicos de toxicoloxía laboral, valores límites e substirución e Xogan coa nosa saúde?.
Na sección de Entrevistas, falamos con Xosé Ferreiro Fernández, Secretario Comarcal da CIG de Lugo - A Mariña, sobre o tema Acoso laboral.
Dentro do apartado que adicamos á Análise xuríco - normativa, contamos neste número do artigo Gremialismo ou dereito ao traballo? A tarxeta profesional da construción.
E na sección de Colaboracións, Manuel Pedro Velázquez Fernández, Inspector de Traballo, aborda o tema dos riscos psicosociais na súa reseña A campaña europea 2012 da Inspección de Traballo en materia de riscos psicosociais.
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral
Confederación Intersindical Galega