Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 66

27-04-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

A saúde mental constitúe hoxe por hoxe un dos piares esenciais para comprender o benestar das persoas, a cohesión social e a sustentabilidade dos sistemas produtivos. A súa relevancia, lonxe de limitarse ao ámbito sanitario, esténdese ás políticas públicas, dinámicas laborais e condicións de vida que determinan a capacidade das persoas para desenvolver proxectos vitais plenos. Neste contexto, o Consello Económico e Social de Galicia presenta o Informe Saúde Mental en Galicia, un documento que destaca pola súa amplitude, rigor metodolóxico e capacidade para ofrecer unha visión integrada dun fenómeno crecente e complexo. Un dos eixos do Informe é a saúde mental no mundo do traballo, un ámbito no que se manifesta con especial intensidade a interacción entre factores organizativos, condicións laborais e benestar psicolóxico. A exposición continuada a cargas de traballo excesivas, presión temporal, falta de control sobre as tarefas, inestabilidade contractual, escasa participación nas decisións, conflitos interpersoais ou ausencia de recoñecemento, constitúen factores desencadeantes de malestar emocional e deterioración psicolóxica que, de non seren abordados, poden derivar en problemas de saúde mental de diversa gravidade.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 66

- A SAÚDE MENTAL NA GALIZA: Informe do Consello Económico e Social de Galicia.

- A situación de persoas en incapacidade temporal aos 24 meses sen resolución do INSS: unha práctica preocupante

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 66 pode descargarse premendo na seguinte  ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS