Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 4820-12-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGOs riscos químicos na contorna laboral son aqueles que se derivan da exposición a substancias químicas perigosas no lugar de traballo. O Regulamento (CE) Nº 1272/2008, sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas (Regulamento CLP), ten como obxecto garantir unha comunicación clara e harmonizada sobre os perigos que presentan as substancias e as mesturas químicas a través da clasificación e etiquetaxe dos produtos químicos. Este Regulamento estabelece a clasificación das substancias e mesturas químicas en categorías/niveis de perigo: categorías 1,2,3,4, e tipos de perigo: perigos físicos, perigos para a saúde e perigos para o medio ambiente. En relación á etiquetaxe, o Anexo III do Regulamento CLP relaciona as frases H (ou de perigo), que describen a natureza dos perigos dunha substancia ou mestura incluíndo, se procede, o grao de perigo; o Anexo IV lista as frases P (ou consellos de prudencia), que describen as medidas recomendadas para minimizar ou evitar os efectos adversos causados pola exposición a unha substancia o mestura perigosa durante o seu emprego ou eliminación. Neste artigo revisaremos o concepto de risco químico, os tipos de axentes químicos máis habituais nos lugares de traballo, os efectos sobre a saúde dos axentes químicos, como identificar as substancias perigosas (etiquetas e fichas de seguridade), control dos riscos e fontes de información. |
|---|
Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 48
- Identificación de riscos químicos no lugar de traballo.
- Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG. Síntese de actividade 2023.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 48 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí
Ligazón ao LISTADO DE INDICACIÓNS DE FRASES H (PERIGO) E FRASES P (PRUDENCIA)
Ligazón a PICTOGRAMAS DE PERIGO
Ligazón ao Boletín CIG Saúde Laboral Nº 48