Boletín CIG-Saúde Laboral N 4914-02-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGDenomínase seguridade industrial ao conxunto de normas obrigatorias estabelecidas para evitar ou minimizar, tanto os riscos que poidan producirse nos ámbitos industriais, como os prexuízos derivados da actividade industrial e mesmo as enfermidades ocupacionais. Este sistema de disposicións obrigatorias, materia competencial da Xunta de Galicia que os Gobernos do PP teñen esquecido sistematicamente, ten por obxecto a prevención e limitación dos riscos, así como a protección contra accidentes capaces de producir danos ás persoas, aos bens ou ao medio ambiente derivados da actividade industrial ou da utilización, funcionamento e mantemento das instalacións ou equipos e da produción, uso ou consumo, almacenamento ou desinstalación e eliminación dos produtos industriais. Nos lugares de traballo, é a persoa titular da actividade empresarial, en cumprimento do seu deber de protexer a seguridade e saúde do seu persoal, quen deberá garantir un adecuado control dos riscos asociados ás instalacións industriais. Poñemos nas vosas mans este monográfico, coa intención de proporcionarvos información básica e suficiente para dimensionar a importancia da seguridade industrial e tomar conciencia da necesidade de incorporar a mesma dun xeito integral nos Plans de prevención das nosas empresas. |
|---|
Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 49
- A desidia dos gobernos do PP na Xunta de Galicia en materia de Seguridade Industrial.
- A Seguridade Industrial no marco actual.
- Instalacións Industriais nos centros de traballo. INSST
- IMPRIMIBLES: Lista de autoavaliación de Instalacións Industriais. Calendario de Inspeccións Regulamentarias de Instalacións e Equipos.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 49 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí
Ligazón ao BOLETÍN CIG SAÚDE LABORAL NÚMERO 49. GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG
Ligazón ao CALENDARIO DE INSPECCIÓNS REGULAMENTARIAS DE INSTALACIÓNS E EQUIPOS
Ligazón á LISTA DE AUTOAVALIACIÓN DE INSTALACIÓNS DE INDUSTRIAIS