Boletín CIG-Saúde Laboral N 4713-12-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIGO Boletín CIG-Saúde Laboral N 47 Monográfico Sector Sanitario e Social céntrase nos riscos psicosociais que afectan a este sector, moi feminizado, e na situación na que se atopa a sanidade pública galega. No ano 2020, o 58,5% das persoas traballadoras do sector sanitario e social declararon estar expostas a factores de rico que poden afectar negativamente ao seu benestar mental, ocupando o primeiro lugar entre todos os sectores. A alta carga de traballo, a presión de tempo, as esixencias emocionais, as demandas cognitivas, as situacións de violencia, acoso ou intimidación, as xornadas de traballo longas e irregulares e a falta de recursos organizativos configúranse como os principais factores de risco psicosocial das traballadoras e traballadores sanitarios e sociais. |
|---|
Artigos
1. Riscos psicosociais no sector sanitario e social.
Riscos psicosociais
Consecuencias dos riscos psicosociais
Impacto da covid-19
Impacto da dixitalización
Xestión do risco psicosocial no sector sanitario e sociosanitario
Impulsores e barreiras para a xestión do risco psicosocial
Conclusións
2. A situación límite da sanidade pública galega como consecuencia das políticas de destrucion e privatización practicadas polos distintos gobernos do PP.
Ligazón ao Boletín CIG Saúde Laboral Nº 47. GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG