Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletin CIG Saúde Laboral Nº 46

28-11-2023 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Boletín monográfico adicado á sinalización de seguridade e saúde nos lugares de traballo. A sinalización nos lugares de traballo ten como funcións principais chamar a atención das persoas traballadoras sobre a existencia de determinados riscos, prohibicións ou obrigas; alertar das situacións de emerxencia; facilitar a localización e identificación de determinados medios ou instalacións de protección, evacuación, emerxencia ou primeiros auxilios; orientar ás persoas que realizan manobras perigosas. A sinalización de seguridade e saúde no traballo é unha medida complementaria en prevención de riscos laborais que sigue criterios uniformes e independentes do centro de traballo ou actividade para garantir a correcta interpretación por parte das persoas traballadoras. Con base no Real Decreto 485/1997, de 14 de abril, realizaremos nestas páxinas un percorrido pola sinalización presente nas áreas de traballo, locais, vías, zonas de tránsito, que indica perigos derivados da propia actividade ou da instalación e a sinalización relacionada cos medios de protección, emerxencia, socorro e salvamento nos lugares de traballo.

Artigo do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 46 (monográfico)

Sinalización e prevención de riscos laborais.

-          Normativa de referencia

-          Obriga empresarial

-          Obrigas en materia de formación e información

-          Consulta e participación das persoas traballadoras

-          Regulación da sinalización de seguridade no traballo

-          Criterios para o emprego da sinalización

-          Cando se presenta a necesidade de sinalizar?

-          Que se debe sinalizar?

-          Principios básicos dos sinais de seguridade

-          Disposicións mínimas de carácter xeral, relativas á sinalización de seguridade e saúde nos lugares de traballo

-          Definicións de sinalización de seguridade e saúde no traballo

-          Dimensións, colocación e criterios de sinalización

-          Clasificación da sinalización

-          Cuestionario de sinalización de seguridade e saúde no traballo

-          Recomendacións ao cuestionario de sinalización

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 46 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS