Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 41

15-12-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Nun ano, o 2021, marcado aínda pola COVID-19, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG continuou a traballar nas liñas de actuación habituais: formación en prl, asesoramento técnico a través das técnicas e técnicos de prl que dan cobertura a todo o territorio e sensibilización en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Algúns datos do balance anual: número de solicitantes de actividades de formación programadas durante o ano: 4.417 persoas; porcentaxe de asesoramentos que requiriron de elaboración de documentación por parte dos nosos técnicos e técnicas: máis do 53%; número de visitas á web www.cigsaudelaboral.org, que inclúe o espazo web coronavirus, creado nos primeiros días do mes de febreiro do ano 2020 e que sigue actualizándose diariamente con documentos técnicos, protocolos de actuación, lexislación: máis de 50.000 visitas; e os cinco números de Boletín CIG Saúde Laboral editados este ano, chegando con este que poñemos á túa disposición, ao número 41 da serie.

Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 41

1. Construción: perigo nanomateriais.

2. Acoso laboral: un delito cheo de covardía e mesquindade.

3. Impacto da intelixencia artificial na seguridade e a saúde ocupacional. Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA).

4. Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIG. Síntese de actividade 2021.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 41 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS