Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 37

24-02-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

O día 14 de xaneiro de 2021 entrou en vigor o regulamento sobre os plans de igualdade nas empresas; a normativa xa está vixente para os novos plans que se elaboren e para os que xa existan, que deberán adaptar o seu contido cando teña lugar a súa revisión, como máximo nun prazo de doce meses a partires da entrada en vigor do Real Decreto. O regulamento esixe que os plans de igualdade sexan negociados entre a dirección da empresa e os traballadores/as e que sexan inscritos en rexistro público.

Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 37

1. Entra en vigor o regulamento sobre os plans de igualdade nas empresas.

2. A prevención do estrés no traballo: Lista de puntos de comprobación.

3. Sinistralidade laboral grave e mortal na galiza. Orixe e delimitación de causas. CIG.

4. Biomecánica e industria 4.0.

5. Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIG. Síntese de actividade 2020.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 37 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS