Financiado por:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 31

09-04-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Co ánimo de acadar que as mutuas controlen as baixas laborais por enfermidade común, ata o de agora reservadas á sanidade pública, estamos a sufrir unha continuada e persistente campaña de engaño e desinformación en relación ao verdadeiro alcance do absentismo laboral no Estado español. Así mesmo, como parte desta estratexia, estase a introducir a falsedade de que as mutuas están a realizar unha xestión impecable das baixas que lles corresponden, protexendo a saúde dos traballadores, acelerando os procesos de recuperación, aforrando diñeiro ao erario público e minimizando os casos de litixiosidade cos traballadores/as. Nada máis lonxe da realidade: do ano 2012 ao ano 2017, segundo o Informe de Reclamacións do ano 2017 publicado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, as reclamacións realizadas polos traballadores/as ás mutuas incrementáronse nun 75%.

O sumario do número 31 do Boletín CIG Saúde Laboral conta con dous artigos dentro do epígrafe Análise - Opinión: "Campaña da dereita política e empresarial para que as mutuas tamén controlen as baixas laborais por enfermidade común", que abre o presente número, e "A Seguridade Social, as empresas colaboradoras, as mutuas e o partido popular: crónica de unha xestión nefasta e irregular".

Dous artigos máis, neste caso baixo a cabeceira de Información, "Procedemento xeral de actuación en caso de enfermidade ou accidente que impida traballar" e "A enquisa hixiénica, unha ferramenta imprescindible no procedemento de avaliación de riscos" completan este número.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 31 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS