Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 50

22-03-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Atendendo á información estatística recentemente publicada polos organismos públicos, na Galiza no ano 2023 o conxunto dos accidentes de traballo (leves, graves e mortais) con baixa na xornada laboral (exclúe os accidente in itínere), pasou de 25.732 accidentes no ano 2022 a 27.274 accidentes no ano 2023, acadando así a sinistralidade laboral global neste pasado ano un incremento do 5,99% en relación ao anterior ano 2022. No que atinxe aos accidentes in itínere (aqueles que se producen no traxecto de ida e volta ao traballo dende o fogar da persoa traballadora), no ano 2023 producíronse 3.149 fronte aos 2.670 que tiveron lugar no 2022, dato que supón un incremento deste tipo de accidentes do 17,94%. Mais se en algo segue desgraciadamente destacando o noso País é na elevada proporción de accidentes laborais de carácter mortal; un ano máis Galiza sitúase novamente nos primeiros postos do ranquing de mortos por accidente laboral, acadando unha incidencia de 4,84 sinistros con resultado de morte por cada 100.000 persoas traballadoras, case o dobre do índice de incidencia Estatal (2,92); a destacar o incremento da accidentabilidade mortal das mulleres traballadoras galegas que é un 300% maior que no ano 2022.

                                                                                                LIGAZÓN AO BOLETÍN CIG SAÚDE LABORAL Nº 50

Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 50

- O radon nos centros de traballo.

- A prevención de riscos laborais no teletraballo.

- Factores de risco de cancro no ámbito laboral en europa. primeiras conclusións da enquisa sobre a exposición das persoas traballadoras. EU-OSHA.

- Sinistralidade laboral na galiza, 2023. nada que celebrar.

 

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 50 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS