Asesoramento Técnico09-02-2015 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIGA web do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG ven de introducir un novo servizo: o asesoramento técnico on line. O acceso a este servizo é moi sinxelo: na portada da web atoparedes un novo botón denominado “Asesoramento técnico” ; só hai que premer, cumprimentar os datos que solicita o formulario que se abre e darlle a enviar; unha vez recibida a consulta, poñerémonos en contacto co solicitante de asesoramento a través dos datos de contacto facilitados. | ![]() |
|---|
En todos os casos os datos proporcionados serán tratados de xeito confidencial e única e exclusivamente coa finalidade de proceder ao asesoramento técnico solicitado, tal e como se indica no formulario a cumprimentar.
Ligazón "Asesoramento Técnico"