Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
 
1/2/2018 RECURSOS DIXITAIS
 
1/2/2018 RECURSOS DIXITAIS
 
1/2/2018 RECURSOS DIXITAIS
Heat Safety Tool App
4/1/2018 OSHA - NIOSH
O National Institute for Occupational Safety and Health, NIOSH, e o Occupational Safety and Health Administration,OSHA, publicaron unha nova versión do OSHANIOSH Heat Safety Tool App, unha app dispoñible para todos os teléfonos intelixentes que calcula o índice de calor nos lugares de traballo ao aire libre a través da xeolocalización do teléfono (emprega os datos de condicións metereolóxicas obtidos dos satélites da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica dos EEUU). Baseándose no índice calculado, a App proporciona automaticamente ao usuario recomendacións específicas para protexerse contra a calor.
BINVAC
12/12/2017 INSSBT
O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar dúas novas fichas de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BINVAC.
BASEQUIM
11/12/2017 INSSBT
O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar dúas novas fichas de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BASEQUIM. A actualización realizouse para recoller os cambios na normativa de referencia do Formaldehído.
Calculador peso NIOSH
2/11/2017 NIOSH
NIOSH lanzou recentemente unha aplicación para dispositivos móbiles, NLE Calc, que axuda aos usuarios a determinar uns límites de elevación de carga seguros.
BASEMAQ
14/9/2017 INSHT
O INSHT ven de publicar dúas novas fichas elaboradas polo grupo de traballo BASEMAQ, adicado a analizar situacións de traballo perigosas producidas por máquinas. Son dúas fichas, números 18 e 19, relativas ao sector da maquinaria para a industria alimentaria que reflexan situacións perigosas na utilización de máquinas picadoras de carne.
BASEMAQ
8/6/2017 INSHT
O INSHT ven de publicar tres novas fichas elaboradas polo grupo de traballo BASEMAQ, adicado a analizar situacións de traballo perigosas producidas por máquinas. Son tres fichas, números 15, 16 e 17, relativas ao sector da maquinaria para a industria alimentaria que reflicten situacións perigosas na utilización de serras de cinta.
Calculador e app INSHT
25/4/2017 INSHT
O INSHT vén de poñer en disposición un novo calculador: “Accidentes de traballo. Control estatístico” e unha nova App “Andeis metálicos. Condicións de seguridade”
INSHT calculadores ergonomía
7/4/2017 INSHT
O INSHT ven de poñer en disposición dous novos calculadores: "Manipulación manual de cargas: valores límite en operacións de empuxe, arrastre e transporte" e "Cálculo da resistencia térmica do vestido".
BASEQUIM
21/2/2017 INSHT
Na base datos BASEQUIM proporciónanse fichas para diferentes situacións de exposición a axentes químicos que conteñen información sobre os axentes químicos que poden estar presentes na realización da tarefa, os danos para a saúde derivados da exposición aos axentes químicos considerados, os factores de risco e as medidas preventivas.
Roadmap on carcinogens
8/11/2016 Hixiene
Este proxecto, dispoñible dende o 10 de outubro, está apoiado pola Confederación Europea de Sindicatos, Business Europe (patronal europea), a Comisión Europea, a Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo e dúas presidencias da UE (Países Baixos e Austria), socios na campaña europea "Folla de ruta sobre canceríxenos", lanzada en Ámsterdam en maio de 2016.
app
2/9/2016 NIOSH
O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde Laboral (NIOSH) dos EEUU pon a disposición de usuarios/as unha nova versión en formato app da Guía de peto sobre Perigos Químicos. A aplicación pódese empregar en calquera dispositivo con navegador web. Esta guía ofrece información xeral de hixiene industrial para máis de 600 de productos químicos, axudando a usuarios/as a detectar e controlar os perigos químicos no traballo.
Calculador Superficie mínima libre por traballador
1/4/2016 INSHT
O calculador "Superficie mínima por traballador" engádese aos xa existentes no espazo específico adicado a calculadores na web do INSHT. Neste caso, facilítase o cálculo da superficie libre mínima por traballador/a en diferentes espazos de traballo tendo en conta a esixencia do Real Decreto 486/1997, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.
App INSHT 2
31/3/2016 INSHT
As novas app están referidas ao almacenamiento de produtos químicos (APQ) e a exposición a vibracións. Como no caso das aplicacións que o INSHT tiña xa a disposición dos usuarios, estas novas app poden ser descargadas no smartphone ou a tablet do técnico como ferramentas de axuda para determinados cálculos e chequeos, consultas on line e o envío a un pc dos datos consultados ou calculados.
Situacións de traballo perigosas
23/3/2016 INSHT
A base de "Accidentes de traballo investigados", BINVAC, está aloxada no portal do INSHT "Situacións de traballo peligrosas". Na base descríbense situacións de traballo reais nas que se produciron ou se poden producir danos á saúde dos traballadores, identificando os elementos máis relevantes para a súa prevención, así como as medidas preventivas adecuadas. Na actualización inclúense dúas novas fichas, unha referida a un accidente por caída desde altura e outra que trata dunha explosión en atmósferas explosivas.
Calculadores INSHT
14/3/2016 INSHT
O INSHT ten a disposición dos usuarios da súa páxina web varios calculadores que pretenden facilitar a avaliación das condicións de traballo. Cada ferramenta de cálculo está deseñada para poder extraer conclusións a partir da introdución dunha serie de datos por parte do usuario. Recentemente veñen a sumarse á relación de calculadores existente, tres novas ferramentas: - Avaliación do benestar térmico global e local - Avaliación simplificada da PRL e a responsabilidade social empresarial - Exposición a radiacións ópticas
Situacións de traballo perigosas
7/3/2016 INSHT
O Portal "Situacións de traballo perigosas", adicado a situacións de traballo con exposición potencial a diferentes perigos está elaborado polo INSHT en colaboración coas comunidades autónomas. O portal está adicado especialmente a tres tipos de situacións de traballo, que dentro desta ferramenta están constituídos como subportais: BASEMAC, situacións perigosas de traballo producidos por máquinas, BASEQUIM, situacións de exposición a axentes químicos, e BINVAC, accidentes de traballo investigados.
Portal de ergonomía
1/12/2015 INSHT
O portal do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo destinado aos transtornos musculoesquéticos desaparece como tal; os seus contidos estarán dispoñibles a partires de agora nun apartado específico do portal de ergonomía.
INSHT
3/9/2015 INSHT
Dentro da colección de fichas de axentes biolóxicos, DATABiO, o Instituto Naciónal de Seguridade e Hixiene no Traballo presenta novas fíchas clasificadas segundo o tipo de axente, efectos na saúde e orde alfabética
APP INSHT
23/7/2015 INSHT
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo ofrece novas ferramentas de axuda para cálculos e chequeos habituais, información sobre axentes contaminantes ou condicións de traballo. As aplicacións permiten logo da súa descarga no smartphone ou tablet, a consulta on line, envío dos datos consultados ou calculados a un pc e a orientación in situ sobre os resultados que se van obtendo durante o traballo. Polo
Imaxen da Axencia Europea
9/4/2015 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
A Axencia Europea ofrece unha base de datos sobre publicacións específicas en materia de seguridade e saúde no traballo. A colección de publicacións, dispoñible de xeito gratuíto, abrangue dende informes de investigación máis científicos a follas informativas (e-facts) monotemáticas, destinadas ao uso no lugar de traballo. A búsqueda pode realizarse por idioma, tema ou palabra clave.
Riscos psicosociais INSHT
11/3/2015 INSHT
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo vén de revisar e renovar o seu Portal de Psicosocioloxía. A partires de agora pasará a denominarse Portal de Riscos Psicosociais, denominación que resulta máis precisa tendo en conta que os contidos que se deselvolven están relacionados coa prevención de riscos psicosociais.
inrs
3/2/2015 INRS
O INRS francés ven de publicar unha ferramenta web que serve para estimar os riscos por exposicións simultáneas a sustancias con efectos similares sobre o organismo. A ferramenta traballa coa hipótese de que as sustancias presentes no mesmo ambiente e á que se lle asigna unha mesma clase de perigo presentan un efecto aditivo, calculándose así un índice de exposición da mestura para o devandito efecto
EPIDAT
5/11/2014 Consellería de Sanidade
Epidat é un programa de libre distribución desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) co apoio da Organización Panamericana de la Salud (OPS-OMS) e a Universidad CES de Colombia. Os obxectivos de Epidat son: - Aportar unha ferramenta de manexo sinxelo e de utilidade para a análise estatística e epidemiolóxica de datos que cubra algunhas omisións nas aplicacións máis estendidas. - Apoiar e facilitar a docencia en epidemioloxía, tanto no ámbito da cooperación técnica como no universitario. - Fortalecer a capacidade analítica dos profesionais de saúde. - Ofrecer unha fonte de formación autodidacta en determinadas áreas escollidas da estatística aplicada á epidemioloxía.
Factores psicosociais. Método de avaliación
29/10/2014 INSHT
Esta aplicación informática é unha ferramenta para a avaliación dos factores psicosociais. O seu obxectivo é contribuír ao diagnóstico dos riscos psicosociais presentes nunha empresa ou en áreas parciais desta, a partir dos cuestionarios de aplicación individual. Tamén inclúe información de utilidade práctica para orientar as medidas preventivas que poden levarse a cabo na empresa no ámbito psicosocial.
Sobrecarga térmica estimada
15/9/2014 INSHT
O INSHT desenvolveu unha aplicación informática para a aplicación do método da sobrecarga térmica estimada, establecido na norma UNE-NISO 7933:2004, que permite valorar o risco de estrés térmico que experimenta un individuo nun ambiente caloroso.
OSHwiki
14/7/2014 Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
Proxecto desenvolvido pola EU-OSHA , para permitir a posta en común do coñecemento en seguridade e saúde no traballo (SST), a información e as mellores prácticas, co fin de apoiar ás organizacións gobernamentais, da industria e dos traballadores para garantir a seguridade e a saúde no lugar de traballo. Polo momento dispoñible en versión beta e con contidos en inglés.
Portal Sector Marítimo Pesqueiro
24/4/2014 INSHT
A pesca mariña atópase entre as actividades laborais máis perigosas do mundo. A Organización Internacional do Traballo (OIT) e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) estiman que o 7% das vítimas mortais de accidentes laborais que se producen no mundo ocorren na industria pesqueira, a pesar de que este sector representa menos do 1% da forza laboral mundial. A OIT estima que o traballo neste sector cóbrase a vida dunhas 24.000 persoas ao ano en todo o mundo. No Estado español a pesca mariña presenta unha das taxas de accidentes laborais máis elevadas.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais