Financiado por:
Novidades lexislativas:
BOE 5/5/21 Real Decreto-lei 298/2021, medidas urxentes tras fin vixencia estado alarmaDOG 7/5/21 86 Bis Decreto 77/2021, perda efectos medidas Real decreto 926/2020 Galiza COVID-19DOG 12/5/21 89 Bis ORDE 12/5/21, modifica Orde 7/5/20 medidas prevención COVID-19 Galiza
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 38

28-04-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Neste 28 de Abril, día Mundial da Seguridade e da Saúde no Traballo, atopámonos aínda nunha situación de pandemia derivada do COVID-19 e baixo un estado de alarma decretado no conxunto do Estado español. O ano pasado por estas datas xa denunciabamos como nesta pandemia se estaba a evidenciar a concepción que as empresas teñen da seguridade e saúde no traballo como un gasto de produción máis que un verdadeiro interese pola saúde das persoas traballadoras. Tamén poñiamos énfase en como nas decisións dos gobernos central e autonómico pesaron máis os intereses económicos que a saúde das persoas. Este comportamento das empresas ás que só importan os beneficios e dos poderes políticos claramente ao servizo dos intereses económicos, mantívose durante todo este período e continúa aínda no presente.

Indice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. Abril 2020-Marzo 2021

14-05-2021 - INSST

Comparativa por sector e gravidade e por Comunidades Autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre Abril 2020-Marzo 2021

Medidas contra o cancro profesional: Estratexia 2020-2024

13-05-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Estímase que o cancro é a principal causa das mortes relacionadas co traballo na UE. É evidente que se pode facer máis para reducir o número de casos de cancro profesional e, por iso, o 25 de maio de 2016 seis organizacións europeas asinaron un pacto polo que se comprometían a aplicar un plan de acción voluntario para a realización de actividades de sensibilización sobre os riscos derivados da exposición a carcinógenos no lugar de traballo e para o intercambio de boas prácticas.

Bos resultados preliminares dun antiviral contra a Covid-19

12-05-2021 - I+D+i

Segundo a investigación levada a cabo polo equipo de Kyle Rosenke, do Instituto Nacional de Alerxias e Enfermidades Infecciosas estadounidense (NIAID), o medicamento antiviral experimental -MK-4482- diminúe significativamente os niveis de coronavirus e os danos causados pola enfermidade nos pulmóns de hámsteres infectados polo coronavirus SARS-CoV-2.

Guía de Axuda para a Valoración das Enfermidades Profesionais

11-05-2021 - INSS

O Instituto Nacional da Seguridade Social publica a cuarta edición da Guía de Axuda para a Valoración das Enfermidades Profesionais, dirixida cunha finalidade orientativa tanto aos médicos especialistas en medicina familiar e comunitaria, como aos médicos do traballo, médicos inspectores, Equipos de Valoración de Incapacidades, así como a todos aqueles profesionais que dende distintas ópticas enfróntanse ás enfermidades profesionais.

Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos 2021

10-05-2021 - INSST

Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo para o ano 2021. Os Límites de Exposición Profesional son valores de referencia para a avaliación e control dos riscos inherentes á exposición, principalmente por inhalación, aos axentes químicos presentes nos postos de traballo e, por tanto, para protexer a saúde das persoas traballadoras. Non constitúen unha barreira definida de separación entre situacións seguras e perigosas.

Poderían as probas de diagnóstico de antígenos axudar a controlar a transmisión de COVID-19 nos lugares de traballo?

07-05-2021 - EU-OSHA

EU-OSHA uniu forzas co Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC) para explorar o uso de probas de diagnóstico rápido de antíxenos para o SARS-CoV-2 en contornas laborais. Os achados preséntanse nun novo informe técnico, que inclúe unha enquisa dos puntos focales de EU-OSHA sobre o uso de probas rápidas de antíxenos no contexto do lugar de traballo.

Pesticide Action Network (PAN) subliña a necesidade urxente dunha eliminación gradual global de Praguicidas Altamente Perigosos -HHP- para o ano 2030

06-05-2021 - PAN -Pesticide Action Network International-

PAN publicou a Lista Actualizada dos Praguicidas Altamente Perigosos e a Lista Consolidada de Praguicidas Prohibidos ; Estes novos documentos mostran un número alarmante de praguicidas perigosos aínda en uso, así como a regulación sumamente desigual de praguicidas perigosos en todo o mundo. Pero tamén mostran que moitos países renunciaron aos praguicidas altamente perigosos (PAP) e que unha eliminación gradual global dos PAPs e a substitución por alternativas non químicas máis seguras e a agroecoloxía son posibles.

O Tribunal Supremo ratifica a sentenza que confirmou a responsabilidade penal dun xerente e a responsabilidade administrativa da empresa con base nun mesmo accidente laboral

05-05-2021 - SENTENZA

Por mor dun accidente de traballo, a empresa foi sancionada administrativamente pola autoridade laboral, ao apreciar a Inspección de Traballo diversas infraccións á normativa de prevención de riscos laborais. Ao mesmo tempo, nun procedemento penal, o xerente da empresa foi condenado como autor penalmente responsable dun delito contra os dereitos dos traballadores, en concurso con outro delito de lesións por imprudencia Grave.

Guía de boas prácticas: PRL no uso de drons

04-05-2021 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición esta Guía de boas prácticas enfocada na análise dos riscos laborais e as medidas preventivas que se deben adoptar no uso de drons. A lexislación de drons inclúe condicións de seguridade e formación que poden afectar á seguridade da/o piloto e outros actores cando os drons se están a utilizar dentro do ámbito laboral. Por exemplo, a lexislación e requisitos aplicables á fabricación dos drons, ás empresas operadoras, á formación dos/as pilotos e aos plans de voo.

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS