Co financiamento de:
Novidades lexislativas:
BOE 22/5/24 Real Decreto-lei 2/2024 transposición Directiva (UE) 2019/1158, conciliación vida familiar e vida profesional proxenitores e coidadoresDOG 4/6/24 Plan de Inspección Seguridade Industrial Galiza 2024DOUE 15/5/24 Decisión de Execución (UE) 2024/1329 prevención e protección equipos traballo
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 51. MONOGRÁFICO SECTOR

24-05-2024 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL-CIG

Actualmente a industria forestal de Galiza factura ao redor de 1.800 millóns de euros anuais e xera o 3,5% do PIB da noso País. Este sector emprega directamente preto de 25.000 persoas traballadoras e indirectamente ao redor de 50.000. Galiza conta cunha superficie forestal de 2 millóns de hectáreas que representan máis do 7% da superficie forestal de todas as CCAA. Nesta superficie realízanse o 50% das talas de madeira que se efectúan en todo o Estado, o que pon de manifesto a capacidade produtiva do noso sector forestal nesta actividade e o seu peso no conxunto do Estado. Na actualidade o colectivo de bombeiros/as forestais no noso País está conformado por preto de 1.200 brigadistas que traballan doce meses ao ano e máis de oitocentos que traballan unicamente seis meses ao ano. Ao longo deste Boletín CIG-Saúde Laboral. Monográfico Sector, imos achegarnos á situación da estrutura forestal do noso País, repasar a problemática en relación á prevención de riscos laborais do persoal traballador dos dispositvos contra incendios na Galiza e abordar a posición sindical da CIG en relación aos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e de axentes forestais e medioambientais, actualmente en tramitación no Congreso unha vez realizadas as alegacións correspondentes.

Campaña para alertar sobre os riscos do manexo do tractor

12-06-2024 - ISSGA

O obxectivo desta campaña do ISSGA é chegar á poboación rural que utiliza o tractor coas seguintes mensaxes: Alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros; Informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros e achegar recomendacións básicas, que de terse en conta evitarían os accidentes, ou cando menos, minimizarían a súas consecuencias, xa que, desgraciadamente, moitas veces as lesións son graves e mortais

O Tribunal Superior de Xustiza de Canarias cualifica como accidente in itinere o sufrido por unha traballadora baseándose na información achegada por Google Maps

11-06-2024 - SENTENZA

A App serviu para demostrar que o roteiro escollido pola traballadora era idónea e que o feito de que saíse da súa casa unha hora e media antes da súa xornada débese ao problema de estacionamento nas inmediacións da empresa

NTP 1196 Amianto: Xestión e diagnóstico (parte II): Proceso de diagnóstico e plan de xestión de materiais con amianto

10-06-2024 - INSST

Esta NTP (parte II) é a continuación da NTP 1195 (parte I), que propón un esquema xeral para a xestión segura dos materiais con amianto e describe o “diagnóstico de amianto” entendéndoo como un proceso de dúas etapas: (1) localización e identificación de MCA presentes no edificio ou instalación e (2) valoración do nivel de risco potencial asociado a cada MCA. Seguidamente describe a súa utilidade para elaborar un “rexistro de MCA” e introdúcese o “plan de xestión de MCA”, como ferramenta de planificación preventiva.

Guía rápida de compra, instalación e posta en servizo dun robot colaborativo

07-06-2024 - INSST

Esta guía do INSST pretende ser unha axuda dende o punto de vista preventivo, para aquelas empresas que se expoñen á posibilidade de adquirir, implantar e utilizar un robot colaborativo. O seu obxectivo é dar a coñecer a normativa de aplicación e identificar aos intervintes no proceso de compra, instalación e posta en servizo dun robot colaborativo en aplicacións colaborativas, así como as súas funcións e responsabilidades.

Campaña Enfermidades profesionais redeiras

06-06-2024 - ISSGA

Esta campaña do ISSGA, en colaboración con ANMUPESCA, ten como obxectivo sensibilizar e difundir a necesidade dunha mellor identificación das enfermidades profesionais recoñecidas legalmente ás redeiras, por ser unha das principais preocupacións deste colectivo. O eixo principal é sensibilizar e difundir a necesidade de estabelecer un mellor coñecemento sobre a EP, as súas causas laborais e sobre a súa codificación.

Medidas preventivas recomendadas para os equipos de tracción instalados a bordo dos pesqueiros de arrastre

05-06-2024 - INSST

O presente documento trata sobre os equipos de tracción instalados a bordo dos pesqueiros e utilizados nas faenas de pesca, como son as maquinillas de arrastre, os tambores de rede, as maquinillas de lanteón e outras maquinillas auxiliares de cuberta, así como os equipos complementarios como os paus ou pórticos de soporte, pastecas, cables de arrastre, cables de manobra, accesorios, etc. Estes equipos de traballo atópanse involucrados nunha parte importante dos accidentes graves e mortais que se producen no sector, especialmente na modalidade de arrastre, de acordo coos estudos de caracterización de accidentes realizados polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

Estratexias de mellora da seguridade laboral vial

04-06-2024 - SEGURIDADE

É indispensable integrar a seguridade viaria no sistema de prevención de riscos laborais ao obxecto de conseguir que empresas, traballadores/as, Administracións e axentes sociais actúen en sintonía e con eficacia para evitar ou paliar os efectos dos ALT ou Accidentes Laborais de Tráfico. Vimos propoñendo catro liñas de acción que expoñemos seguidamente.

Campaña Enfermidades profesionais redeiras

06-06-2024 - ISSGA

Esta campaña do ISSGA, en colaboración con ANMUPESCA, ten como obxectivo sensibilizar e difundir a necesidade dunha mellor identificación das enfermidades profesionais recoñecidas legalmente ás redeiras, por ser unha das principais preocupacións deste colectivo. O eixo principal é sensibilizar e difundir a necesidade de estabelecer un mellor coñecemento sobre a EP, as súas causas laborais e sobre a súa codificación.

Importancia da capacitación en primeiros auxilios no lugar de traballo

31-05-2024 - SAÚDE LABORAL

Nun mundo laboral que enfronta riscos tanto convencionais como emerxentes, a capacitación en primeiros auxilios converteuse nunha necesidade crucial para as empresas de todos os sectores.Non só é unha responsabilidade legal en moitos casos, senón tamén unha medida proactiva que pode salvar vidas e reducir a gravidade das lesións no lugar de traballo.

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS