Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
O inverno de Pablo
21/11/2012 EU-OSHA
A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) presentou a cuarta edición do premio cinematográfico no 55º Festival Internacional de Leipzig de Cine Documental e de Animación (DOK Leipzig).
OIT
20/11/2012 HSE-UK
Na web de La Organización Internacional del Trabajo (OIT) poden encontrarse as guías de control sobre a sílice, traducións das follas informativas publicadas pola Health and Safety Executive (HSE) en Gran Bretaña. As traducións foron realizadas nos Estados Unidos polo Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional (NIOSH) e, segundo a información da páxina web da OIT, están actualizadas a marzo de 2009.
INSHT
15/11/2012 INSHT
Como continuación ás Notas Técnicas de Prevención (NTP) publicadas na 27ª Serie correspondente a este ano 2012, preséntanse agrupadas as seguintes catro NTP relativas á temática do ruído, que abordan aspectos relacionados coa xestión da súa exposición, estratexias da súa medición e avaliación, e coas accións de control da devandita exposición.
Imaxen da Axencia Europea
9/11/2012 SEGURIDADE
A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) coordina dende o ano 2000, con carácter anual ou bienal, unha serie de campañas europeas, nas que participan máis de 30 países, que se converteron nunha das maiores actividades de sensibilización a nivel europeo.
Manual do recurso preventivo
3/10/2012 OSALAN
A reforma da Lei 31/1995, do 8 de novembro, levada a cabo na Lei 54/2003, de 12 de decembro, crea a figura dos «Recursos Preventivos» e incorpora un novo concepto en materia de organización da prevención de riscos laborais, instaurando a súa presenza en determinados supostos e situacións de especial risco e perigosidade, como medida reservada a aqueles casos nos que a experiencia acumulada evidencia a concentración de maior sinestralidade.
INSHT
19/9/2012 INSHT
Encóntranse dispoñibles, no apartado de documentación da web do INSHT, as primeiras Notas técnicas de Prevención da serie 27, que van dende a NTP 926 ata a 949. Por outra parte, actualizáronse as series 25 e 26 mediante a adición das caixas de valoración do grao de vixencia e as restantes NTP das distintas series anteriores, que o requiriron.
Imaxen do ISSG
18/9/2012 ISSGA
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) vén de editar un manual para a prevención de riscos de explosións nas empresas. O documento pretende ser unha ferramenta de axuda para os profesionais da prevención que se atopan coa necesidade de elaborar un documento de protección fronte a estes riscos.
SUBSPORT
31/5/2012 Hixiene
O obxectivo do proxecto SUBSPORT é desenvolver un portal de internet, que constitúa un recurso tecnolóxico avanzado, sobre alternativas máis seguras para o uso de sustancias químicas perigosas. Ademais dunha fonte de información sobre as sustancias e tecnoloxías alternativas, tamén proporciona ferramentas e orientación para a avaliación de alternativas e a xestión da substitución.
Guía de actuación ante a exposición ocupaciónal a axentes biolóxicos de transmisión sanguínea.
30/5/2012 ANMTAS
Esta guía é froito da iniciativa conxunta e do convenio de colaboración asinado en 2009 entre a Asociación Nacional de Medicina del Trabajo no Ámbito Sanitario (ANMTAS ) e o Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) a través da Escola Nacional de Medicina del Trabajo (ENMT), ao obxecto de promover actividades de divulgación científica sobre boas prácticas no exercicio da medicina do traballo dentro do Sistema Nacional de Saúde.
INSHT
15/5/2012 INSHT
O INHST presenta a versión "online" do Catálogo de Publicacións do INSHT 2012 que recolle, principalmente, as últimas publicacións incorporadas ao Fondo Editorial do INSHT. Como mellora en relación coas edicións anteriores permiten enlazar, só con "clicar" nos títulos das diferentes publicacións (libros, fichas, carteis, etc.), coa ficha da publicación que recolle un pequeno resumo do contido e posibilita a descarga e/ou compra "en liña" do documento, segundo o caso.
INFOCARQUIM
8/5/2012 INSHT
O INSHT ven de publicar, no apartado Ferramentas para a PRL e no catálogo de publicacións da páxina do INSHT, a nova versión da base de datos INFOCARQUIM (Información sobre carcinóxenos químicos), incluíndo agora os reprotóxicos de categorías 1A e 1B e as listaxes completas de cancerígenos, mutágenos e reprotóxicos (CMR) 1A e 1B.
INSHT
25/4/2012 INSHT
O INSHT publicou un traballo no que se estudia cómo se enfrentan as empresas aos procesos de reestructuración e qué criterios diferencian ás que obteñen mejores resultados na evitación o disminución dos danos ocasionados que inevitablemente se xeran nestas situacións.
INSHT
3/4/2012 INSHT
Ferramenta de axuda aos profesionais sanitarios para identificar e, no seu caso, notificar á autoridade competente aquelas enfermidades relacionadas co traballo e que puidesen ser consideradas como enfermidade profesional segundo contempla o RD 1299/2006, de 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e establécense criterios para a súa notificación e rexistro.
RISKOFDERM
3/4/2012 INSHT
O INSHT presentou o pasado día 23 de marzo a aplicación informática RISKOFDERM. Esta aplicación utilízase para a avaliación e xestión do risco por exposición dérmica a sustancias químicas perigosas no posto de traballo. Clasifica a sustancia segundo a súa toxicidade e o nivel de exposición de acordo coa tarefa, proporcionando unha estimación do risco de efectos locais e sistémicos, propoñendo medidas preventivas para o seu control. Esta aplicación foi desenvolvida dentro do proxecto europeo "Avaliación do risco por exposición dérmica laboral a sustancias químicas" (RISKOFDERM), que se levou a cabo durante 4 anos coa participación de 15 organizacións de 11 países europeos, entre elas o INSHT. Un dos resultados máis importantes do proxecto foi a elaboración dunha ferramenta informática para a avaliación e xestión do risco por exposición dérmica en PEME.
INVASSAT
26/3/2012 Ergonomía
O Instituto Valenciano de Seguridade e Saúde no Traballo (INVASSAT) presentou o Método ERGOPAR, para a prevención, detección e redución dos trastornos musculoesqueléticos coa filosofía da ergonomía participativa. Un dos obxectivos é que sexan os propios traballadores os que contribúan a reducir este tipo de lesións, responsables do 46% das baixas laborais.
OIT
16/3/2012 OIT
Este repertorio de recomendacións prácticas pretende proporcionar orientación sobre seguridade e saúde na utilización da maquinaria no lugar de traballo. Entre o 29 de novembro e o 7 de decembro de 2011, celebrouse en Xenebra unha reunión de expertos que tratou sobre seguridade na utilización da maquinaria; de ahí xurdiu un repertorio de recomendacións prácticas sobre seguridade e saúde na utilización da maquinaria.
Portal Temático: Promoción da saúde no traballo
21/2/2012 INSHT
O INSHT pon en marcha un portal temático adicado á promoción da saúde no traballo.
EMAKUNDE Instituto Vasco da Muller
26/1/2012 EMAKUNDE
O Instituto Vasco da Muller (Emakunde) puxo a disposición das empresas un protocolo para combater o acoso sexual e sexista no traballo, ante a demanda, por parte das empresas, de asesoramento e pautas a seguir nestes supostos.
cvida e ibv
19/1/2012 IBV Instituto de Biomecánica de Valencia
O Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV) dispón dunha aplicación que permite aos usuarios medir a súa calidade de vida. Esta ferramenta, promovida pola Asociación CVIDA, facilita o acceso por parte do usuario a consellos e empresas que contribúan a mellorar a súa saúde e benestar.
Simulador seguridade construcción
17/1/2012 OSALAN
Osalan , o Instituto vasco de Seguridade e Saúde Laboral, vén de pór en funcionamento este simulador co fin de proporcionar unha ferramenta de axuda na formación dos traballadores do sector da constución.
Risco químico: sistemática para a avaliación hixiénica
29/11/2011 INSHT
Manual elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, no que se presenta un procedemento de avaliación do risco químico centrado nos riscos derivados da exposición.
Modelo para a xestión da violencia ocupacional de orixe externo
18/11/2011 INSHT
O INSHT ven de publicar na súa páxina web unha nova ferramenta orientada fundamentalmente ás Pemes, e dentro delas ás que desenvolven a súa actividade nos sectores da sanidade, hostalería, educación e transporte e almacenamento, sendo posible a súa utilización noutros sectores de actividade que poidan ter casos de violencia ocupacional externa como pode ser a banca, os comercios, etc.
reach
17/11/2011 Hixiene
O Instituto de Saúde e Seguridade no Traballo e o Seguro Social de Accidentes alemáns puxeron en liña unha ferramenta para a avaliación do risco que se adapta tamén aos requisitos de REACH. A ferramenta, creada en colaboración cos desarrolladores do “Dutch Stoffenmanager”, abarca a exposición dérmica e por inhalación, e está especialmente deseñada para sustancias para as que non existen límites de exposición profesional nin métodos de medición aprobados. Un modelo de avaliación da exposición permite axustarse aos parámetros do Regulamento REACH.
violencia no traballo
10/11/2011 Psicosocial
No ámbito laboral as situacións de violencia, aínda que sexan de baixa intensidade, rematan xerando contornas nocivas que repercuten, non só sobre os actores directamente implicados, senón tamén sobre a empresa no seu conxunto e, en certa medida, sobre a sociedade.
Ergonomía Portal INSHT
6/10/2011 INSHT
A estrutura do portal de Ergonomía recolle a información que sobre este tema disponse no INSHT, a partir dunha concepción teórica dos diversos aspectos que deben considerarse no ámbito da Ergonomía, é dicir a consideración do traballo como un sistema.
Portal Psicosocioloxía INSHT
6/10/2011 INSHT
Neste Portal temático atoparemos a información máis relevante dende o punto de vista preventivo en materia psicosocial.
Sector Agrario: Portal Temántico INSHT
5/10/2011 INSHT
O portal temático do Sector Agrario do INSHT está estruturado en cinco seccións: información xeral sobre o sector agrario, praguicidas agrícolas (produtos fitosanitarios), maquinaria, gandaría e traballos forestais.
Portal transportista autónomo
5/10/2011 INSHT
Portal temático orientado ao profesional Transportista Autónomo. Recolle aqueles documentos, noticias e contidos de prevención do Portal do INSHT que lle poden ser de axuda para xestionar a seguridade e saúde no seu traballo.
EPI Portal Temático INSHT
4/10/2011 INSHT
Este portal temático, relacionado cos Equipos de Protección Individual, permite ao usuario acceder a información sobre a Selección e uso de tales equipos, así como sobre o proceso de Certificación e sobre os aspectos máis relevantes da Normalización técnica dos mesmos.
Risco químico Portal Temático INSHT
4/10/2011 INSHT
Este portal recompila toda a información sobre risco químico contida no sitio web do INSHT.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais