Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Que a calor non te queime
15/6/2016 INSHT
O INSHT publica a infografía " Que a calor non te queime!", tendo en conta que durante a época estival a exposición á radiación solar é intensa en actividades que se realizan á intemperie, incrementándose a posibilidade de que un traballador/a sufra un golpe de calor.
osalan guía transporte estrada
2/6/2016 OSALAN
OSALAN-Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral- publicou un manual de boas prácticas para a prevención de riscos laborais no transporte de mercadorías e outras actividades por estrada.
App emprego seguro de escadas
20/5/2016 NIOSH
Aplicación para smartphone de NIOSH (The National Institute for Occupational Safety and Health), deseñada para mellorar a seguridade no emprego de escadas de man. A aplicación ofrece guías de emprego e ferramentas interactivas para previr as causas principais das caídas.
Análise das funcións do coordinador de seguridade e saúde
20/5/2016 Seguretat i Salut Laboral
Esta publicación resulta da análise das funcións do coordinador/a de seguridade e saúde no ámbito da construción; presta atención ás relacións entre os profesionais, aos que se dirixe á publicación, que interveñen na obra, tanto na fase de elaboración como de execución do proxecto: promotores, empresarios, coordinadores de seguridade e saúde, responsables de dirección de obra, proxectistas, técnicos de saguridade das empresas construtoras, cargos intermedios con responsabilidades en prevención de riscos laborais, representantes dos traballadores. Este documento pretende sensibilizar aos profesionais implicados sobre a importancia da figura de coordinador/a de seguridade e saúde, aportando elementos que axuden a aclarar as posibles dúbidas que se prantexen na interpretación da normativa existente sobre este tema.
Estudos sobre exposición a axentes canceríxenos en ind. agricultura e gandeiría, construción e transformadoras
18/5/2016 Safe Work Australia
Safe Work Australia ven de presentar tres estudios sobre a exposición a axentes canceríxenos nos sectores agrícola e gandeiro, na construción e nas industrias transformadoras. Os estudos realizáronse a partir da información proporcionada por una mostra representativa de traballadores/as e considerando 38 agentes canceríxenos seleccionados previamente (todos eles clasificados pola IARC dentro dos grupos 1,canceríxeno en humanos, ou 2A, probablemente canceríxeno en humanos) e se identificaron as exposicións aos mesmos de forma indirecta: a partir de tarefas que os/as traballadores afirmaron realizar.
Residuos con amianto: dende o produtor ao xestor
16/5/2016 INSHT
Documento divulgativo elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo no que se realiza un percorrido dende la producción do residuo de amianto ata o seu tratamento final, analizando as figuras participantes en cada unha das etapas así como a lexislación vixente ao respecto.
Manual de métodos analíticos
6/5/2016 NIOSH
Está a disposición a quinta edición do Manual de métodos analíticos de NIOSH (National Institute for Occupational Safety and Health) coñecido polas súas siglas en inglés: NMAM (NIOSH Manual of Analytical Methods). O manual de métodos analíticos de NIOSH é un documento moi empregado polos hixienistas industriais a nivel mundial. Segundo datos proporcionados por NIOSH, en 2015 este manual recibiu medio millón de consultas e cada método foi descargado unha media de 622 veces.
Determinación da incertidume de medida de axentes químicos
5/5/2016 INSHT
Publicado o CR-09/2015 con denominación "Determinación da incertidume de medida de axentes químicos. Utilización dos resultados de participación de programas de ensaios de aptitude na estimación da incertidume de medida dun procedemento analítico.
Nanomateriais exposición laboral e medidas preventivas
4/5/2016 Nanomateriais
Espazo Web creado polo Departament d'Empresa i Coneixement da Generaritat de Catalunya, que busca recoller información referente ao emprego de nanomateriais así como das medidas preventivas qu deben terse en conta no seu emprego.
Guía Práctica de Saúde Laboral para a valoración de APTITUDE EN TRABALLADORES CON RISCO DE EXPOSICIÓN A CARGA FÍSICA
21/3/2016 Escola Nacional de Medicina do Traballo Instituto de Saúde Carlos III, Asociación Española de Especialistas en Medicina do Traballo
Os datos epidemiolóxicos que facilitan os Sistemas de Información tanto de Accidentes de Traballo (DELTA), como de Enfermidades Profesionais (CEPROSS), sitúan aos problemas musculoesqueléticos derivados da carga física no traballo como un dos puntos de atención preferente para aqueles que traballan a prol da consecución de espazos de traballo seguros e saudables, en particular Organismos Públicos e Sociedades Científicas.
Algunas orientaciones para evaluar los factores de riesgo psicosocial
16/3/2016 INSHT
Esta publicación –ampliación da publicación “Algunhas orientacións para avaliar os factores de risco psicosocial” (a de agora engade “Edición ampliada 2015”)- recolle unha serie de cuestións habituais á hora de abordar unha avaliación psicosocial e cal é o posicionamento do INSHT sobre as mesmas.
Métodos de toma de mostras e análise.
15/3/2016 INSHT
O INSHT ven de engadir á colección de Métodos de toma de mostras e análise dúas novas ferramentas. A colección está composta por métodos seleccionados polo seu interese e aplicabilidade no campo da Hixiene Industrial, desenvolvidos tendo en consideración a normativa vixente co fin de obter medicións que poidan ser comparables cos valores límite de exposición profesional.
A organización preventiva das empresas en España: características distintivas respecto doutros modelos europeos
29/2/2016 INSHT
O estudo elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo analiza a diversidade das modalidades de organización da prevención de riscos laborais nas empresas en Alemania, Francia, Italia, Países Baixos e Reino Unido así como no Estado español. Dentro deste texto, tamén se atopa unha descripción da situación da organización da prevención noutros Estados membros, baseándose na análise documental de fontes secundarias procedentes doutros estudos europeos. Dentro do anexo bibliográfico, atopamos referencias e fontes consultadas, organizadas por países.
Fichas e videos seguridade e saúde no traballo ILO
24/2/2016 Organización Internacional do Traballo
A Organización Internacional do Traballo ten publicadas fichas técnicas e vídeos de seguridade e saúde no traballo co fin de divulgar prácticas seguras en relación con riscos específicos nos traballos en granxas, talleres de reparación de vehículos a motor e carpinterías. Tanto as fichas como os vídeos están dirixidos a traballadores e empregadores de micro e pequenas empresas.
Valores límite 2016
18/2/2016 INSHT
Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo para o ano 2016. A constitución polo INSHT en 1995 dun grupo de traballo sobre Valores Límite de Exposición Profesional permitiu a publicación dun primeiro documento en 1999, seguido por actualizacións anuais para facer fronte á obriga que a Directiva 98/24/CE impoñía aos Estados membros de establecer límites de exposición profesional.
Iluminación no posto de traballo
11/2/2016 INSHT
A publicación do INSHT informa sobre os conceptos necesarios para poder identificar, avaliar e adaptar unha iluminación adecuada en función das esixencias das tarefas. Así, expoñeranse aspectos que é preciso coñecer relacionados non só cos niveis de iluminación, senón tamén con outros parámetros igual de importantes como os niveis de luminancia e o equilibrio tanto de iluminancia como de luminancia. Este documento describe as características das distintas luminarias e lámpadas, incluíndo as lámpadas LED. Finalmente facilita uns criterios para axudar á avaliación e o acondicionamento da iluminación dos postos de traballo.
Imaxen da Axencia Europea
5/2/2016 EU-OSHA
A colección de publicacións abrangue dende informes de investigación científicos a follas informativas (e-facts) monotemáticas, destinadas ao seu uso no lugar de traballo. Todo o material pode ser descargado de xeito gratuíto. Pode buscar nesta biblioteca por idioma, tema ou palabra crave e atopar unha gran cantidade de publicacións multilingües relativas ás principais áreas e temas de seguridade e saúde no traballo.
Postura no traballo
28/1/2016 INSHT
Neste documento contémplanse dous dos métodos máis empregados no campo da Ergonomía: o método OWAS e o método REBA, detallando o seu contido e procedemento de aplicación. Así mesmo, recolléronse os valores considerados "aceptables" pola norma ISO 11226:2000 para as posturas de traballo estáticas adoptadas, e os valores "non recomendados".
Calidade de ambiente interior en oficinas
26/1/2016 INSHT
O obxectivo do documento “Calidade de ambiente interior en oficinas: identificación, análise e priorización fronte ao risco” é poñer a disposición dos técnicos de prevención unha ferramenta para identificar os factores ambientais de risco e priorizar a súa intervención para tentar proporcionar ambientes de traballo máis saudables.
Radón en interiores
13/1/2016 OMS
Este céntrase na exposición residencial ao radón e salienta o seu impacto dende unha perspectiva de saúde pública. Inclúe recomendacións sobre a redución dos riscos para a saúde asociados ao radón e propostas sólidas de políticas de prevención e mitigación do radón.
Riscos derivados da exposición a nanomateriales en distintos sectores:  construción
22/12/2015 INSHT
Neste documento recóllense aspectos fundamentais como os principais nanomateriales utilizados no sector da construción e a súa aplicación, a súa toxicoloxía e a exposición e medidas preventivas a adoptar na súa manipulación.
Compilación dos instrumentos sobre o traballo marítimo
22/12/2015 OIT
O 15 de decembro de 2015 publicouse a segunda edición da compilación dos instrumentos sobre o traballo marítimo, que inclúe as emendas de 2014 ao Convenio, o Convenio sobre os documentos de identidade da xente de mar, o Convenio e a Recomendación sobre o traballo na pesca, 2007, os convenios fundamentais da OIT e a Declaración da OIT relativa aos principios e dereitos fundamentais no traballo e o seu seguimento.
Boas prácticas en xestión do estrés e dos riscos psicosociais no traballo
18/12/2015 INSHT
Documento que recolle exemplos innovadores de empresas do Estado español que participaron no proceso de selección dos Galardóns Europeos ás Boas Prácticas no marco da campaña promovida pola Axencia Europea de Seguridade e a Saúde no Traballo "Traballos saudables: xestionemos o estrés". Tamén recolle un resumo dos exemplos premiados a nivel europeo.
Formación e entrenamento de traballadores con risco de exposición a amianto
17/12/2015 INSHT
Documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde Laboral, no que se recollen pautas para elaborar un programa de formación e entrenamento para traballadores/as con risco de exposición ao amianto, co fin de proporcionar as habilidades precisas á hora de desenvolver operacións e actividades con materiais que conteñan amianto coa máxima garantía de seguridade e saúde.
Riscos debidos á electricidade estática
30/11/2015 INSHT
Este documento, elaborado polo INSHT, recolle os principais riscos laborais relacionados coa presenza de cargas electrostáticas no lugar de traballo e a súa manifestación en forma de descargas, feito que pode provocar situacións perigosas, sobre todo nos casos nos que se manipulan substancias inflamables ou combustibles.
Directrices básicas para o desenvolvemento da prl na Administración Xeral do Estado. Ano 2015
22/9/2015 INSHT
O obxectivo deste documento, baseado nas guías técnicas do INSHT "G. T. para la Simplificación documental", "G.T. de criterios de calidad do servizo dos Servizos de Prevención Alleos" e "G. T. para a integración da prevención de riscos laborais no sistema xeral de xestión da empresa - Ano 2009" e no texto " Directrices básicas para o desenvolvemento da prevención dos riscos laborais na empresa", é determinar as actividades a seguir por calquera departamento, coa axuda do seu servizo de prevención, para cumprir coas regulacións específicas aplicables e mellorar a seguridade e a saúde dos traballadores e traballadoras públicos.
Glosario
10/9/2015 Universidade de Córdoba
A Universidade de Córdoba pon a disposición de estudantes de Prevención de Riscos Laborais e de traballadores/as en xeral, un glosario interactivo no que se atopan conceptos en materia de seguridade e saúde laboral que se atopan na lexislación, así como documentos técnicos elaborados por institucións de recoñecido prestixio como o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo.
seguridade e saude no traballo con nanomateriais -Poster técnico-
24/7/2015 INSHT
No marco da XXXV Bienal de la Real Sociedad Española de Química, o INSHT presentou o poster técnico Seguridade e Saúde no traballo con nanomateriais. O prantexamento que propón o INSHT para a avaliación de riscos no traballo con nanomateriais é similar ao que se emprega nos casos de exposición a axentes químicos. As actuacións preventivas tenderán a eliminar a exposición e de non ser posible, a reducila ao nivel máis baixo posible tendo en conta a lexislación laboral e as orientacións proporcionadas por institucións de recoñecido prestixio.
Medidas de prevención e protección contra incendios
26/6/2015 INSHT
Documento elaborado polo INSHT no que se describe a prevención así como os principais métodos de loita contra o lume dentro da contorna de calquera establecemento. Abórdanse os principios e sistemas máis importantes a ter en conta, que constitúen a base necesaria no traballo cotián do persoal da prevención neste campo.
Catálogo de publicacións 2015 INSHT
23/6/2015 INSHT
O INSHT presenta a versión "online" do Catálogo de Publicacións do INSHT 2015 que recolle, as últimas publicacións incorporadas ao Fondo Editorial do INSHT. O Catálogo permite enlazar coa ficha da publicación que recolle un pequeno resumo do contido e posibilita a descarga e/ou compra "en liña" do documento, segundo o caso.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais