Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Heat Safety Tool App
4/1/2018 OSHA - NIOSH
O National Institute for Occupational Safety and Health, NIOSH, e o Occupational Safety and Health Administration,OSHA, publicaron unha nova versión do OSHANIOSH Heat Safety Tool App, unha app dispoñible para todos os teléfonos intelixentes que calcula o índice de calor nos lugares de traballo ao aire libre a través da xeolocalización do teléfono (emprega os datos de condicións metereolóxicas obtidos dos satélites da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica dos EEUU). Baseándose no índice calculado, a App proporciona automaticamente ao usuario recomendacións específicas para protexerse contra a calor.
Directrices da OMS para protexer aos traballadores dos riscos da exposición a nanomateriais
3/1/2018 OMS
A Organización Mundial da Saúde ven de publicar un documento con recomendacións para a avaliación dos riscos potenciais derivados da exposición a nanomateriais no lugar de traballo así como medidas encamiñadas a protexer aos traballadores e traballadoras expostos. O texto está dirixido especialmente cara ás pequenas e medianas empresas e cara aos países de ingresos baixos e medianos.
Criterios avaliación da estimación da exposición a productos fitosanitarios
2/1/2018 Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
Documento elaborado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade en colaboración co Centro Nacional de Medios de Protección do Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo co fin estabelecer os criterios a seguir pola Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación na avaliación da exposición a PPFF de operarios, traballadores, transeúntes e residentes; estos criterios terán carácter adicional á Guía EFSA, 2014. O documento será de aplicación a substancias activas, protectores e sinergistas e, no seu caso, a coformulantes, contidos nos PPFF, tal e como aparecen definidos no artigo 2 do Regulamento (CE) 1107/2009.
extintor
18/12/2017 Ministerio de Economía, Industria e Competitividade
O Ministerio de Economía, Industria, e Competitividade ven de publicar, a Guía Técnica de Aplicación do Regulamento de instalacións de protección contra incendios, RIPCI, R. D. 513/2017 de 22 de maio (publicado no BOE nº 139 de 12 de xuño), de carácter non vinculante, con intención de facilitar a aplicación do RIPCI. A Guía conta con recadros sombreados explicativos sobre o apartado do texto regulamentario ao que se refiren.
BINVAC
12/12/2017 INSSBT
O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar dúas novas fichas de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BINVAC.
BASEQUIM
11/12/2017 INSSBT
O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar dúas novas fichas de “Situacións de Traballo Perigosas” elaboradas polo grupo de traballo BASEQUIM. A actualización realizouse para recoller os cambios na normativa de referencia do Formaldehído.
Identificación factores psicosociais na pesca
11/12/2017 INSSBT
O obxectivo do estudo consiste en identificar e caracterizar os principais factores de risco psicosocial presentes nas actividades de pesca, diferenciando entre a de baixura e a de altura, e propoñer actuacións para evitar as súas consecuencias ben en forma de medidas preventivas, ben mediante a elaboración dunha listaxe de boas prácticas orientado á mellora das condicións de traballo atopadas.
Protexer aos traballadores da economía de plataformas en liña
22/11/2017 EU-OSHA
Na economía dixitalizada, as plataformas en liña xogan un papel crucial. Estas plataformas - sitios web que constitúen prazas públicas dixitais ou mercados - afectan ao proceso económico en varias formas: produción (en termos de produtos ou servizos) e organización da entrega / provisión. O traballo en plataformas en liña caracterízase pola ampla variedade de acordos de traballo: traballo ocasional, traballo por conta propia economicamente dependente, traballo arreo, o traballo na casa e traballo colaborativo. Este informe describe os riscos en materia de SST que poden resultar do traballo en plataformas en liña, debate os retos que a economía en liña supón para os enfoques normativos actuais en materia de SST e ofrece exemplos de políticas e esforzos normativos que existen ou están a ser desenvolvidos para abordar estes retos e riscos.
Guía técnica para avaliación e prevención  riscos derivados da exposición a canceríxenos e mutáxenos
22/11/2017 INSSTB
Criterios e recomendacións que poden axudar na interpretación e aplicación do Real Decreto 665/1997 de 12 de mayo, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, modificado polo Real Decretos 1124/2000 de 16 de xuño, Real Decreto 349/2003 de 21 de marzo e Real Decreto 598/2015, especialmente no que atinxe á avaliación dos riscos para a saúde dos traballadores/as involucrados, ás medidas correctoras e o acondicionamento deste tipo de postos.
Faite visible
20/11/2017 INSSTB
En 2015, 1.565 motoristas do sector de "Servizos de comidas e bebidas" tiveron un accidente de tráfico realizando as tarefas de reparto. 83 deles foron hospitalizados pola gravidade das súas feridas e un faleceu. O 61% do total de feridos tiña menos de 26 anos. A actividade de servizos de comidas e bebidas presenta unha elevada sinistralidade durante a xornada de traballo, ocupando o terceiro lugar en índice de incidencia. Ademais nos últimos catro anos obsérvase un incremento do índice de incidencia nesta actividade do 36,2%.
Informe Observaprl sobre tecnoestrés
10/11/2017 Universitat Jaume I
Tecnoestrés, TIC, novas tecnoloxías, redes sociais, teléfonos móbiles... A maioría das persoas utilizamos, tanto para o noso traballo como durante o noso tempo de lecer as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). As TIC incorporáronse na vida empresarial buscando unha mellora da competitividade e produtividade e na nosa vida persoal para cuestións de lecer, como ferramenta de procura de información e de relación (redes sociais..). Con todo a incorporación das TIC á nosa vida no seu sentido máis amplo non se desenvolve igual en todas as persoas. A revolución tecnolóxica pon de manifesto a existencia de riscos de carácter técnico, social e humano, polo que se fai necesario abordar do impacto que terá nas persoas e nas organizacións: problemas osteomusculares, fatiga mental, infoxicación...e o tecnoestrés
Calculador peso NIOSH
2/11/2017 NIOSH
NIOSH lanzou recentemente unha aplicación para dispositivos móbiles, NLE Calc, que axuda aos usuarios a determinar uns límites de elevación de carga seguros.
DATABIO
31/10/2017 INSSBT
Dentro da colección de fichas de axentes biolóxicos, DATABiO, o Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo presenta novas fichas clasificadas segundo o tipo de axente, efectos na saúde e orde alfabética
Nova política sobre canceríxenos
26/10/2017 NIOSH
Esta política de carcinóxenos químicos recentemente revisada rexe como NIOSH clasifica os produtos químicos como carcinóxenos ocupacionais, establece límites de xestión de riscos para os traballadores expostos a carcinóxenos e incorpora información sobre o límite analítico de cuantificación (LOQ) ou o límite de cuantificación confiable (RQL) do método analítico.
Como xestionar a seguridade da frota gris
23/10/2017 European Transport Safety Council - ETSC
Unha parte importante dos traxectos relacionados co traballo realízanse en vehículos que non son propiedade da empresa. Estos vehículos que poden ser propiedade do traballador ou vehículos alugados para o uso laboral, constitúen a denominada "frota gris". Esta guía preséntase no marco do proxecto PRAISE (Prevención de accidentes e lesións de tráfico e mellora da seguridade dos traballadores) desenvolvido polo ETSC no que se abordan os aspectos sobre seguridade relacionados coa condución durante a xornada laboral e nos traxectos ao traballo. Ten por obxectivo fomentar as mellores prácticas en empresas para garantir uns elevados estándares de seguridade viaria para os seus empregados. O proxecto está coordinado pola Secretaría do ETSC, co apoio da Fundación MAPFRE, o Consello Alemán para a Seguridade Viaria (DVR), o Instituto Belga para a Seguridade Viaria (IBSR-BIVV) e a Fundación Dräger.
Guía traballos agrícolas
17/10/2017 COMISIÓN EUROPEA
Esta guía facilita información e exemplos de boas prácticas en relación coa aplicación de directivas en materia de saúde e seguridade, xunto con explicacións e exemplos prácticos dos perigos e os riscos que poden xurdir en todas as fases do traballo agrícola, gandeiro, hortícola e forestal.
Guía do fabricante sobre emisión ruido
10/10/2017 INSHT
Hai que ter en conta que a exposición prolongada ao ruído procedente da maquinaria, é a principal causa laboral de perda de audición. Esta exposición tamén pode contribuír a incrementar o número de accidentes de traballo, así como producir alteracións fisiológicas e psicolóxicas entre o persoal exposto.
Alerta ISSGA, pode haber amianto-fichas-
9/10/2017 ISSGA
Fichas elaboradas con material resistente, nas que se recollen as fotografías dos diferentes tipos de materiais xunto coa información básica para poder identificalos, os seus usos e localización, o ano da súa prohibición e se desprede fibras con facilidade, pensando para que poidan ser utilizadas a “pé de obra”
Alerta ISSGA, pode haber amianto
9/10/2017 ISSGA
Con esta publicación o ISSGA quere ofrecer unha ferramenta que sirva de axuda e dea unhas pautas básicas de actuación para evitar que estes materiais atopados de maneira inesperada poidan poñer en risco as persoas traballadoras ou terceiras persoas por descoñecemento da posible presenza de amianto ou por actuar de maneira imprudente.
Puido terse evitado
3/10/2017 Consellería Emprego, Comercio e Industria da Xunta de Andalucía
Conxunto de Fichas nas que se analizan investigacións de accidentes reais co obxectivo de mostrar as causas evitables e as medida preventivas que puideron evitalos. Nas fichas resúmese e adaptanse as investigacións levadas a cabo polo personal técnico dos Centros de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Andalucía para evitar a identificación dos feitos reais por terceiras persoas.
Identificación EVALUACIÓN  Y PREVENCIÓN DEL RIESGO DE  CARGA FÍSICA EN LA PESCA, ARRASTRE
27/9/2017 INSHT
O INSHT publicou en 2016 un Documento Técnico sobre a “Identificación, avaliación e prevención do risco de carga física na pesca. Modalidade de cerco”. Como continuación a ese estudo, publica o documento actual orientado nesta ocasión á modalidade de arrastre, coa finalidade de proporcionar por unha banda unha serie de orientacións para a identificación e avaliación dos riscos de carga física na pesca de arrastre, principalmente en embarcacións menores de 24 metros de eslora, e, por outra banda, propoñer un conxunto de medidas e de boas prácticas destinadas á prevención deste tipo de riscos.
Ferramentas para a xestión do risco químico
26/9/2017 INSHT
Este documento describe, de maneira xeral, algúns dos métodos e modelos máis frecuentes ou comúns que se atopan na literatura como o COSHH Essentials, o Stoffenmanager, ART-tool, ECETOC-TRA e Riskofderm entre outros. O obxectivo do mesmo consiste en facilitar a selección, uso e combinación destas ferramentas, achegando información para mellorar así a xestión dos riscos relacionados coa presenza e uso de axentes químicos perigosos nos centros de traballo.
Manual de seguridade no laboratorio
20/9/2017 ISSGA
Neste manual proporciónase a información básica para desenvolver ou traballo de laboratorio en condicións seguras, consonte a lexislación vixente en materia de prevención de rochas laborais. Ademais de facer alusión aos principais perigos e rochas, inclúense normas de conduta e traballo e protocolos de actuación en caso de accidente. Considéranse fundamentalmente vos rochas producidas nun laboratorio onde exista exposición a axentes químicos.
NTP
15/9/2017 INSHT
Esta publicación recolle doce números, do 1090 ao 1100 adicados a: Riscos laborais viarios, Coste-beneficio da prevención de riscos, Agricultura e gandería, Liderazgo, conflito e condicións de traballo, Equipo eléctrico de máquinas e Proxectos de investigación universitarios.
BASEMAQ
14/9/2017 INSHT
O INSHT ven de publicar dúas novas fichas elaboradas polo grupo de traballo BASEMAQ, adicado a analizar situacións de traballo perigosas producidas por máquinas. Son dúas fichas, números 18 e 19, relativas ao sector da maquinaria para a industria alimentaria que reflexan situacións perigosas na utilización de máquinas picadoras de carne.
PRL en traballos de oficiña da Universidade da Rioxa
12/9/2017 UNIVERSIDADE DA RIOXA
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade da Rioxa elabora un manual para axudar aos traballadores/a a coñecer os principais riscos que poden atopar nunha oficina, co fin de que poidan recoñecer posibles anomalías e aplicar, se é o caso, as medidas preventivas adecuadas ou poñerse en contacto co seu Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
Fundamentos para a prevención de riscos laborais
14/7/2017 INSHT
Este documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, estrutúrase en tres partes: na primeira trátanse os conceptos esenciais de saúde e traballo e se ofrece unha perspectiva histórica e de futuro; a segunda adícase á estrutura organizativa da prevención analizando o sistema español, o marco institucional comunitario e o conxunto de institucións e entidades adicadas dende diferentes perspectivas a previr riscos laborais; a terceira, adícase aos aspectos fundamentais para unha xestión preventiva eficaz, desenvolvendo neste capítulo os dous instrumentos esenciais do Plan de Prevención: a Avaliación de riscos e a Planificación preventiva; incluíuse un capítulo final adicado á promoción e vixilancia da saúde.
Enfermidade profesional. Valoración da sospeita
13/7/2017 Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral/Consellería de Saúde da Comunidade de Madrid
Este documento xurde da necesidade de acordar criterios na sospeita, identificación, diagnóstico e a comunicación dos casos de sospeita de enfermidade profesiona, dado que son moitos os axentes implicados no proceso de recoñecemento dunha enfermidade profesional: facultativos do Sistema Público de Saúde, Mutuas, Servizos de Prevención, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Unidades de saúde laboral, autoridades sanitarias, etc.
VeSafe
12/7/2017 EU-OSHA/ Comisión Europea
A Guía electrónica VeSafe é un portal interactivo que proporciona información sobre os riscos laborais relacionados cos vehículos. Ocúpase da condución segura, o transporte ao e do lugar de traballo e o traballo en ou preto dunha estrada. A guía inclúe numerosos exemplos de boas prácticas e unha visión xeral dos regulamentos pertinentes. É gratuíta e permite filtrar a información por tipo de risco ou por tipo de vehículo.
Fichas de control de axentes químicos
11/7/2017 INSHT
O INSHT está a traducir ao español as fichas de consellos básicos desenvolvidas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials Estas fichas ofrecen consellos sobre prácticas de traballo básicas para axudar a controlar a exposición a sustancias químicas perigosas na contorna laboral. Hai dous tipos de fichas: unhas xenéricas nas que se recomendan catro grupos de controis que conteñen accións cuxo obxectivo é reducir a exposición e outras específicas dirixidas a sectores industriais determinados nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a sustancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais