Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
27/04/2018
A miúdo os traballadores e traballadoras padecen as consecuencias derivadas dunha incorrecta determinación da continxencia que da lugar á incapacidade temporal; este feito ten consecuencias tanto económicas como médicas e de seguimento futuro da doenza. Neste número do Boletín repasamos os motivos polos que é tan importante a correcta determinación da continxencia, así como o procedemento administrativo a seguir en caso de desacordo coa continxencia determinada polo facultativo que expide o parte de baixa. *FE DE ERRATAS: observada unha errata no cadro da páxina 2 do boletín publicado, procedeuse á substitución da frase: "A prestación por IT, ten unha contía igual á prestación que te corresponde por desemprego" por "A prestación por IT ten unha contía igual á que tiveras recoñecida ata ese momento", atopándose neste momento xa modificado para a súa visualización e descarga.
 
/Parlamento europeo
Parlamento Europeo
13/06/2018
O Comité de Emprego e Asuntos Sociais adoptou por unanimidade un conxunto de medidas a fin de evitar a ausencia laboral a longo prazo. Considera que a Comisión Europea e os Estados membros deberían traballar para reter e reintegrar ao lugar de traballo aos traballadores/as que sofren diversas afeccións ou lesións crónicas e fomentar o envellecemento activo.
 
/Hospital
Seguridade
13/06/2018
A Inspección de Traballo vén de comunicarlle á EOXI de Ourense que ten un prazo de dous meses para corrixir as múltiples deficiencias detectadas na cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. A CIG presentara unha denuncia diante da autoridade laboral o pasado 11 de abril ante as múltiples deficiencias detectadas nas instalacións deste servizo, situadas no edificio materno infantil do CHUO; estas deficiencias mantéñense dende hai anos, a pesares de ser comunicadas en reiteradas ocasións, o que ten provocado numerosos accidentes laborais.
 
/Índice europeo de calidade no emprego 2005 2015
ETUI
12/06/2018
O European Trade Union Institute ven de publicar un informe sobre a calidade do emprego nos 28 estados da Unión Europea. Entre os indicadores de calidade do emprego empregados no informe están os salarios, as formas de emprego e seguridade laboral, o tempo de traballo e o equilibrio traballo - vida, as condicións de traballo, habilidades e desenvolvemento da carreira laboral, a representación sindical. O Estado español aparece á cola dos Estados da Unión Europea, só por diante de Rumanía e Grecia, cunha puntuación de 3 nunha escala que vai do 1 (peor) ao 10 (mellor).
 
Comisión de Emprego e Seguridade Social
07/06/2018
Esta reclamación consta nunha proposición non de ley aprobada pola Comisión de Emprego e Seguridade Social da Cámara Baixa, ante o incremento da sinistralidade laboral. O texto aprobado tamén solicita a incorporación na Ley de Prevención de Riscos Laborais dunha perspectiva de xénero e a potenciación dos servizos de prevención propios fronte aos servizos de prevención alleos.
 
Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP
14/12/2017
A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2017 - 0081.
 
Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo
06/06/2018
Esta película amosa algunhas das situacións no lugar de traballo onde os traballadores/as poden estar expostos á po de madeira, metal, fariña ou outros tipos de po. De acordo coa campaña Traballo saudables: alerta ante substancias perigosas, esta película de Napo ilustra a importancia de manexar a exposición de maneira efectiva para evitar problemas de saúde e lesións.