Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 8/6/2018
EU-OSHA
Documentos sobre O futuro do traballo: o "comercio electrónico" e as "drogas que melloran o rendemento" supoñen novos riscos nos lugares de traballo de Europa
Dúas novas publicacións da Axencia Europea de Seguridade e Saúde Laboral analizan os riscos ocupacionais e de seguridade que xurden nos lugares de traballo de Europa como resultado do rápido crecemento do comercio electrónico e o uso cada vez maior de medicamentos que melloran o rendemento.

Drogas que melloran o rendemento - EU OSHA

A publicación referida ao sector do comercio electrónico analiza as implicacións para o benestar dos traballadores, destacando a necesidade dunha xestión proactiva. Ligazón ao texto O futuro no comercio electrónico

En relación á publicación sobre o consumo de drogas que melloran o rendemento, o texto explora os factores que incitan o consumo e enfatiza a necesidade de crear conciencia e comprender as actitudes e os impulsores. Ligazón ao texto Xestion de medicamentos que melloran o rendemento no lugar de traballo

1