Financiado por:
Novidades lexislativas:
AUGAS MARÍTIMASEMPRESA E MEDIO AMBIENTEO INSHT volve cambiar de nome, do actual INSSBT a INSST, desaparece o benestar laboral
LexislaciónDelegadosActuación preventivaPRL SectorialBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 28

28-06-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Coincidindo coa conmemoración do Centenario da OIT no vindeiro ano 2019, esta organización aprobou levar a cabo sete "iniciativas de debate" consideradas fundamentais, para ser tratadas no plenario da "Conferencia Internacional do Traballo", que está previsto se desenvolva ese ano. Dentro destas iniciativas atópase o "Futuro do Traballo", que se aborda a través de distintas fases. A primeira fase de reflexión xira ao redor de catro "conversacións", nas que se tratarán cinco importantes ámbitos xerais de análise, que neste "informe inicial" correspóndense son cinco "capítulos" que conforman a base de información para o debate na Comisión Mundial da OIT sobre o Futuro do Traballo. O primeiro destes capítulos "Principais retos a enfrontar no mundo do traballo na situación actual", é a base do primeiro artigo do presente Boletín

ECHA Guía sobre Fichas de Datos de Seguridade e Escenarios de Exposición

18-09-2018 - ECHA

A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) acaba de publicar esta Guía sobre as Fichas de Datos de Seguridade e os Escenarios de Exposición, un aspecto de interese tanto para os fabricantes de substancias químicas como para os usuarios das mesmas.

Traballadores autónomos: perfil sociodemográfico e sinestralidade laboral 2017

19-09-2018 - INSST

O Estatuto do Traballador Autónomo (Lei 20/2007) supuxo un importante avance no coñecemento das condicións de seguridade e saúde no traballo deste colectivo. Con esta norma faise obrigatoria a cobertura da prestación por accidente de traballo e enfermidade profesional aos denominados traballadores autónomos economicamente dependentes e a aqueles integrados en actividades de maior risco, polo que ano a ano se irá mellorando o nivel de coñecemento do comportamento fronte ao accidente de traballo por parte do colectivo de autónomos.

Sinistralidade laboral Galiza 2017

17-09-2018 - INSST

Nesta monografía actualízanse e amplíanse os datos relativos á sinistralidade laboral en Galicia obtidos no mes de febreiro do 2018. A información agrúpase nas seguintes epígrafes: Accidentes de traballo sen baixa, accidentes de traballo con baixa, accidentes de traballo mortais, Índices de incidencia, variación interanual dos accidentes con baixa en xornadade traballo ocorridos nos últimos dez anos, enfermidades profesionais e patoloxías non traumáticas causadas polo traballo.

Contaminación atmosférica: os auditores advirten de que a saúde dos cidadáns da UE non ten aínda a suficiente protección

14-09-2018 - TRIBUNAL DE CONTAS EUROPEO

Segundo un novo informe do Tribunal de Contas Europeo, as medidas da UE para protexer a saúde humana da contaminación non produciron o impacto esperado. Cada ano, a contaminación atmosférica causa aproximadamente 400.000 mortes prematuras na UE e xera centos de miles de millóns de euros en custos externos ligados á saúde. Con todo, como alertan os auditores, este inxente custo humano e económico aínda non se traduciu en medidas adecuadas para toda a UE. Engaden ademais que as partículas, o dióxido de nitróxeno e o ozono troposférico son os contaminantes atmosféricos responsables da maioría de mortes prematuras e a poboación urbana está especialmente exposta.

No Estado español un 73% dos cidadáns traballa en empresas que dificultan a conciliación

13-09-2018 - CONCILIACIÓN

Un 73% de empregados/as no Estado español cre que a súa contorna laboral dificulta ocasional ou sistematicamente a conciliación entre traballo e vida persoal e familiar. Ademais, perciben que utilizar as medidas de flexibilidade laboral ao seu alcance pode penalizar o seu desenvolvemento dentro da empresa.

Gañando en saúde

12-09-2018 - INSST

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo pon a disposición unha serie de infografías e vídeos divulgativos sobre alimentación saudable, posturas de traballo inadecuadas, hixiene do soño e sedentarismo.

Plan estratéxico 2019-2023

11-09-2018 - Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos, ECHA

A Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos (ECHA) é un organismo da Unión Europea (UE) establecido o 1 de xuño de 2007 polo Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello sobre "Rexistro, Avaliación, Autorización e Restrición de Produtos Químicos" (REACH )".

Substancias perigosas: follas informativas sobre lexislación e substitución

10-09-2018 - EU-OSHA

Como parte da campaña Healthy Workplaces 2018-2019, EU- OSHA publicou dúas follas informativas: “Marco lexislativo sobre substancias perigosas nos lugares de traballo” e “Substitución de substancias perigosas no lugar de traballo"

Análise conxunta de SST de tres enquisas

07-09-2018 - EU-OSHA

O documento presenta as principais conclusións dunha análise conxunta realizada sobre a segunda Enquisa Europea de Empresas sobre Riscos Novos e Emerxentes, ESENER-2, elaborada por EU- OSHA, a Enquisa de Poboación Activa (EPA) 2013, módulo ad hoc sobre accidentes de traballo e outras cuestións relacionadas co traballo, de Eurostat e a 6ª Enquisa Europea de Condicións de Traballo ( EWCS) de Eurofound.

Recibe as novas do noso boletín dixital




Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS