Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
27/04/2018
A miúdo os traballadores e traballadoras padecen as consecuencias derivadas dunha incorrecta determinación da continxencia que da lugar á incapacidade temporal; este feito ten consecuencias tanto económicas como médicas e de seguimento futuro da doenza. Neste número do Boletín repasamos os motivos polos que é tan importante a correcta determinación da continxencia, así como o procedemento administrativo a seguir en caso de desacordo coa continxencia determinada polo facultativo que expide o parte de baixa. *FE DE ERRATAS: observada unha errata no cadro da páxina 2 do boletín publicado, procedeuse á substitución da frase: "A prestación por IT, ten unha contía igual á prestación que te corresponde por desemprego" por "A prestación por IT ten unha contía igual á que tiveras recoñecida ata ese momento", atopándose neste momento xa modificado para a súa visualización e descarga.
 
/OIT
OIT
16/05/2018
A OIT comunicou o 18 de decembro de 2017 á Organización Internacional de Normalización (ISO), a súa decisión de rescindir o Acordo subscrito o 6 de agosto de 2013 con carácter experimental entre ambas organizacións no contexto da elaboración dunha norma ISO sobre os sistemas de xestión da seguridade e a saúde no traballo (ISO 45001).
 
/Montaxe e desmontaxe de escenarios
ISSGA
16/05/2018
O ISSGA presentou o pasado 11 de maio de 2018 unha nova campaña sobre a prevención de riscos laborais na montaxe e desmontaxe de escenarios. Esta actividade está recollida no Plan anual de actividades do instituto e forma parte das actuacións de asesoramento, información e sensibilización específicas para reducir a sinistralidade laboral no sector da industrial musical e de espectáculos públicos, en concreto na actividade de montaxe e desmontaxe de escenarios públicos.
 
/Informe Brainstorm
BCW-CEPS
15/05/2018
A Intelixencia Artificial (IA) segue a xerar suspicacias no mundo empresarial e regulatorio, principalmente pola incerteza sobre o impacto que terá no marcado laboral, segundo as conclusións do Informe Brainstorm, un estudo pioneiro de Burson Cohn & Wolfe (BCW) e o Centro de Estudos Políticos Europeos (CEPS) cuxo texto completo en inglés pódese atopar na ligazón ao final desta nova.
 
SENTENZA
10/05/2018
A Audiencia Provincial de Murcia desestimou o recurso dun traballador dunha fábrica de conservas contra o Auto dun Xulgado de Instrución que arquivou a denuncia que presentara contra a mesma tras un accidente, pois se considera que o mesmo se produciu por un exceso de celo.
 
Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP
14/12/2017
A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2017 - 0081.
 
IGUALDADE
10/05/2018
Segundo a Enquisa de Condicións de Vida do INE, as mulleres destinan 26,5 horas á semana, fronte ás 14 horas dos homes, a labores como o coidado de fillos/as ou familiares, tarefas domésticas, cursos e colaboracións sen soldo en ONG. Dá igual se teñen fillos ou non ou se traballan ambos, por regra xeral as mulleres case duplican aos homes no tempo que dedican ao traballo non remunerado. Unicamente os homes dedican un tempo parecido a estas tarefas, 11 horas fronte 13,3 horas da mulleres, cando non teñen parella.