Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
02/03/2018
Neste Nº 26 do Boletín CIG Saúde Laboral, o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral publica unha exhaustiva entrevista ao novo Secretario Confederal de Saúde Laboral da CIG Francisco Cartelle, a través da cal se desglosan visións e posicionamentos clave da nosa central sindical en relación á actual problemática da prevención de riscos e a saúde laboral tanto no noso País como no conxunto do Estado.
 
/Inspección Traballo e SS
ITSS
13/04/2018
O Consello de Ministros aprobou o Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2018-2020; o plan centrarase na calidade do emprego e dará prioridade a actuacións no ámbito da discriminación por xénero e a brecha salarial, a través de catro eixos de actuación, doce obxectivos e 100 liñas de actuación.
 
/laberinto mentes
PSICOSOCIAL
12/04/2018
Segundo datos do estudo “The Workforce in Europe 2018”, realizado pola axencia independente de estudos de mercado Opinion Matters para ADP, provedor global de solucións de Xestión do Capital Humano, o 14 % dos empregados cren que a súa empresa non se interesa en absoluto pola súa saúde mental, un 34 % din que a súa empresa ten pouco interese, o 46 %, opina que a súa empresa interésase, e tan só o 6 % di que a súa empresa ten “un gran interese”.
 
/Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro-decembro 2017
INSSBT-OECT
11/04/2018
Neste informe analizáronse 16.488 Accidentes de Traballo con baixa ocorridos entre xaneiro e decembro de 2017, en traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Destes, 14.755 ocorreron en xornada de traballo e 1.733 ao ir ou voltar do traballo.
 
SENTENZA
04/04/2018
O Xulgado do Penal número 2 de Badaxoz ditou o pasado mes de marzo sentenza por uns feitos ocorridos en 2010. Nese ano a Consellería dos Mozos e do Deporte da Xunta contratou traballos de adecuación dun edificio para a súa conversión nun espazo para a creación nova.
 
Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP
14/12/2017
A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2017 - 0081.
 
WBTTH&S
05/04/2018
O propósito do proxecto era o desenvolvemento de ferramentas de formación para a seguridade e saúde en empresas de servizos sociais. Na web do proxecto pódese atopar información sobre os resultados da fase previa de investigación, os materiais desenvolvidos, os cuestionarios de avaliación e as campañas de difusión realizadas.