Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 6/2/2018
ISSGA
Plan actividades ISSGA 2018
O plan, aprobado na reunión da Comisión de Goberno do ISSGA do 11 de decembro de 2017, ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións a desenvolver polo ISSGA durante o ano 2018; o plan servirá de guión ao Instituto sobre as accións a desenvolver e dará a coñecer a todas as persoas e entidades interesadas as accións que se pretenden desenvolver. Entre as actividades programadas hai iniciativas novas que teñen unha duración limitada no tempo, que pode ser anual ou nalgúns casos plurianual; outras que supoñen a continuación de actividades iniciadas en anos anteriores, e outras que constitúen actuacións de carácter permanente do Instituto de acordo coas funcións que ten encomendadas segundo o establecido na súa lei de creación e nos seus estatutos.

Plan actividades ISSGA 2018