Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 2/2/2018
ISO
Aprobada a norma ISO 45001
A publicación está prevista para o mes de marzo, momento que marcará a anulación da OSHAS 18001. As empresas certificadas terán tres anos para realizar a migración á ISO 45001. Remata así o proceso iniciado no 2013 pola British Standards Institution (BSI), que presentou unha proposta á Organización Internacióna de Normalización (ISO) para o desenvolvemento dun estándar internacional de saúde e seguridade no traballo baseado na OSHAS 18001.

iso

A ISO 45001 foi desenvolvida durante os últimos 5 anos polo Comité ISO PC 283, formado por máis de 100 expertos de 70 países, entre os que se atopa o Estado español a través da UNE (Asociación Española de Normalización).

A norma, baseada en referencias recoñecidas como a OSHAS 18001, reforza o papel da alta dirección no liderado do Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, como parte da estratexia de negocio; presenta os documentos de xestión máis empregados no mundo, ISO 9001 (Calidade) e ISO 14001 (Medio Ambiente), co que as organizacións xa certificadas nestes referenciales terán máis fácil a súa implantación; Reforza a demostración do cumprimento de requisitos legais e outros que a organización subscriba e o desenvolvemento de indicadores para demostrar a mellora continua; ademais salienta a participación dos traballadores/as en todos os niveis da organización. A norma, que pode aplicarse a calquera organización independentemente do seu tamaño, tipo ou actividades, é certificable por unha terceira parte independente.

 

1