Financiado por:
Novidades lexislativas:
BOE 13/12/18 Orde PCI/1319/2018 Ruído -avaliación do ruído ambiental-BOE 10/12/18 Acordo do 28/11/2018, incapacidade temporal Carreira XudicialBOE 10/12/18 Lei 9/2018, modif. leis avaliación ambiental, Montes e emisións gases
LexislaciónDelegadosActuación preventivaPRL SectorialBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 29

11-10-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Son moitos os elementos potencialmente carcinóxenos que actualmente podemos atoparnos nas contornas de traballo, que interveñen en distintos procesos produtivos ou incluso son consecuencia dos mesmos. Neste senso resulta preocupante que sexan moi numerosas as empresas e moi numerosos os/as traballadores/as, que non son conscientes desta situación. No marco da UE cada ano calcúlase que 120.000 traballadores/as vense afectados por un cancro de orixe laboral que remata costando ao redor de 80.000 vidas humanas, sendo a primeira causa de morte relacionada co traballo.

APP gratuíta que informa sobre puntos de recollida de pilas usadas en Europa

14-12-2018 - RESIDUOS

EUCOBAT, organización que reúne aos sistemas de reciclaxe de pilas máis importantes de Europa, desenvolveu a primeira app gratuíta que permite aos usuarios coñecer o seu punto de recollida máis próximo deste tipo de residuos. Está dispoñible en 12 idiomas para Android e iOS.

Condicións de traballo segundo xénero en España 2015

14-12-2018 - INSST

Este estudo ten por obxecto mostrar as principais diferenzas por xénero das condicións de traballo en España, mediante a análise dos datos provenientes da 6ª EWCS-España, cuxo traballo de campo realizouse no ano 2015. Trátase por tanto dunha explotación secundaria desta enquisa, cuxo análise global xa foi publicado na web do INSST, incluído o cuestionario empregado.

Creación da Autoridade Europea do Emprego

13-12-2018 - CONSELLO DE MINISTROS DA UE

O Consello de Ministros da UE aprobou a proposta da Comisión Europea (CE) de crear unha Autoridade Europea do Emprego. Este organismo podería comezar a operar en 2019 en Bruxelas (localización non definitiva) como axencia independente para proporcionar información sobre traballo, apoiar a cooperación entre vos estados membros e mediar en caso de conflito transnacional.

Acordo para a modificación da Directiva sobre carcinóxenos

12-12-2018 - CONSELLO DE MINISTROS DA UE

Os ministros da UE e o Parlamento Europeo alcanzaron o consenso necesario que permitirá incorporar oito substancias nocivas á directiva sobre cancerígenos e mutágenos e a modificación da lexislación para introducir límites máximos de exposición en varios casos.

Traballadores saudables, empresas prósperas: unha guía práctica para o benestar no traballo

11-12-2018 - AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO

Esta guía presenta un enfoque práctico para previr e xestionar os riscos psicosociais relacionados co traballo e os trastornos musculoesqueléticos, que son as principais causas da mala saúde relacionada co traballo segundo a poboación traballadora europea.

A importancia dos recoñecementos médicos

10-12-2018 - ISPLN, Instituto de Saúde Pública de Navarra

O Servizo de Saúde Laboral do Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra (ISPLN) elaborou un curto de animación co fin de aclarar dúbidas en relación con diversos aspectos dos exames de saúde, como o seu funcionamento, obrigatoriedade, cando deben realizarse, etc., incluídos na vixilancia da saúde da poboación traballadora.

Posicionamento sobre a terceira enmenda á Directiva sobre carcinóxenos

05-12-2018 - PARLAMENTO EUROPEO

A Comisión de Emprego e Asuntos Sociais do Parlamento Europeo adoptou a proposta da Comisión Europea para actualizar as normas que protexen a saúde dos traballadores dos riscos específicos que xorden da exposición a carcinóxenos ou mutáxenos.

Manipulación de contedores fumigados en portos-riscos sanitarios e prácticas de prevención

04-12-2018 - EU-OSHA

Este informe revisa os riscos potenciais para a saúde e a seguridade que xorden do manexo de contedores en portos que foron fumigados con pesticidas.

Índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. Período outubro 2017-setembro 2018

03-12-2018 - INSST

Recibe as novas do noso boletín dixital




Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS