ONU Medio Ambiente - OMS
12/01/2018
A Organización Mundial da Saúde e a ONU Medioambiente veñen de suscribir unha iniciativa de colaboración coa finalidade de desenvolver accións conxuntas para combater a contaminación do aire, o cambio climático e a resistencia aos antimicrobianos, así como a mellorar a coordinación das actividades relativas á xestión de refugallos e produtos químicos, a calidade da auga e temas ligados aos alimentos e a nutrición. Os riscos ambientais que ameazan a saúde das persoas son os causantes, segundo as estimacións, de 12,6 millóns de falecementos ao ano.
 
/SENTENZA AMIANTO
Sentenza
11/01/2018
Un xulgado do social de Donostia revogou a incapacidade permanente absoluta que o INSS concedera a un traballador, considerando que o carcinoma pulmonar que sufría derivaba da súa exposición laboral ao amianto. O xulgado estima o recurso interposto por unha mutua revogando a concesión da continxencia como profesional e a incapacidade que o INSS recoñecera ao traballador en 2016.
 
/Radón
Saúde laboral
11/01/2018
A CIG presentou denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a Xunta de Galicia, logo da reiterada negativa do Goberno galego a realizar medicións do nivel de radón nos edificios administrativos dos Servizos Centrais situados en San Caetano. A solicitude de medicións foi proposta en repetidas ocasións no Comité de Seguridade e Saúde Laboral, motivada pola inquietude do persoal que traballa nos edificios administrativos da Xunta.
 
/Sentenza
Sentenza
10/01/2018
Na sentenza o Xulgado do Social número 1 de Palencia recoñece como continxencia profesional a situación de baixa laboral dunha docente de Educación Secundaria causada polo acoso de varios alumnos, e condea aos demandados, a Consellería de Educación da Junta de Castilla y León, Ibermutuamur, o INSS e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a satisfacer as prestacións que derivan da continxencia profesional.
 
Eurofound
05/01/2018
Informe redactado por Eurofound (Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo), ten como fin estudar o impacto da dixitalización do traballo para obter información sobre as posibles implicacións do traballo dixital nas condicións de traballo. A dixitalización no ámbito laboral está detrás da transformación das relacións laborais, pois o traballador dixital estabelece relacións laborais diferentes cos seus compañeiros e superiores xerárquicos, é mais autónomo, realiza tarefas máis rutineiras a consecuencia da computarización e ve incrementada a esixencia de desenvolvemento das súas destrezas dixitais para realizar o traballo, feito que determina a súa empregabilidade no futuro
 
Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP
14/12/2017
A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2017 - 0081.
 
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
27/07/2017
O Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun enfoque Interxeracional é o resultado das negociacións mantidas entre as patronais europeas (Eurobusiness, CEEP e UAPME) e a Confederación Europea de Sindicatos (CES), co fin de abordar a participación activa dos/as traballadores/as de maior idade no mercado laboral dende un enfoque interxeracional. Neste documento promóvese a transferencia de coñecementos e experiencias no lugar de traballo así como o emprego de ferramentas e a implementación de medidas destinadas ao acondicionamento dos lugares de traballo, a adaptación dos procesos produtivos, a reasignación e redistribución de tarefas, a realización de avaliacións de riscos específicas e eficaces en relación a esta problemática, programas de sensibilización para a mellora voluntaria dos hábitos de saúde e a adopción de medidas que aborden a protección física e psicolóxica dos/as traballadores/as de maior idade.