Financiado por:
Novidades lexislativas:
DOG 28/12/18 Lei 3/2018, do 26/12/18, medidas fiscais e administrativas Galiza.BOE 29/12/18 Real Decreto-lei 28/2018, revalorización pensións, medidas urxentes materia social, laboral e emprego.DOUE 26/12/2018 Ditame Acción polo Clima (LIFE), derrógase R. (UE) nº 1293/2013.
LexislaciónDelegadosActuación preventivaPRL SectorialBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG – Saúde Laboral Nº 30

20-12-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

O futuro do traballo presenta múltiples desafíos como as dificultades de emprego dos traballadores/as novos/as, as grandes desigualdades nos ingresos salariais, as relacións laborais informais, a revolución dixital, os procesos de innovación tecnolóxica e organizativa, a automatización e a robotización, as desigualdades de xénero, o envellecemento da poboación traballadora, o escaso desenvolvemento da economía rural, a menor sostenibilidade do emprego, o deterioro da protección social ou o debilitamento da negociación colectiva. Ante esta problemática, son numerosas as aportacións que dende fontes autorizadas comezan a realizarse na procura de solucións, entre as que destacan a creación de impostos aos automatismos que sustitúan o traballo humano ou a implantación do chamado “ingreso básico universal”

A contaminación do ar nas cidades españolas vista polo satélite europeo Sentinel-5p

17-01-2019 - CONTAMINACIÓN

A imaxe elaborada polo Instituto Metereolóxico de Holanda empregando os datos recollidos polo satélite europeo Sentinel-5p da media diaria de concentracións de dióxido de nitróxeno (NO2) na atmósfera durante seis meses, de abril a setembro de 2018, amosa as zonas de maior concentración de emisións de NO2, un dos contaminantes que máis afecta á saúde das persoas.

Nanomateriais nos lugares de traballo. Recollida de información e medición da exposición

16-01-2019 - INSST

Os riscos derivados da exposición por inhalación a nanomateriais, do mesmo xeito que para calquera axente químico, avalíanse utilizando metodoloxías cuantitativas que poden complementarse coas metodoloxías cualitativas, especialmente cando a información toxicolóxica do axente químico é limitada e, por tanto, non se dispón de valores límite ambientais.

Fichas de Control de Axentes Químicos

15-01-2019 - INSST

O INSST traduciu ao español as fichas de consellos básicos desenvoltas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials. As fichas do programa COSHH Essentials ofrecen consellos sobre prácticas de traballo básicas para axudar a controlar a exposición a substancias químicas perigosas na contorna laboral. Hai dous tipos de fichas: unhas xenéricas nas que se recomendan catro grupos de controis que conteñen accións cuxo obxectivo é reducir a exposición e outras específicas dirixidas a sectores industriais determinados nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a substancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores/as.

A electrosensibilidade xa ten consideración de accidente de traballo

14-01-2019 - SENTENZA

Recentemente o Xulgado do Social Número 1 de Zaragoza, determinou que a patoloxía de electrosensibilidade que padece un traballador foi orixinada única e exclusivamente pola súa actividade laboral e por tanto as incapacidades temporais IT) que tivo este traballador dende 2014 teñen carácter laboral e deben ser consideradas como Accidente de Traballo. Dita sentenza foi ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Aragón

Cancro de mama e traballo nocturno

11-01-2019 - SAÚDE LABORAL

Un estudo realizado por un equipo do Institut National da Santé et da Recherche Médicale, Inserm, achega nova información sobre a asociación entre o traballo nocturno e o risco de cancro de mama, grazas á nova análise de cinco estudos para rastrexar a exposición ao traballo nocturno entre máis de 13.000 mulleres de varios países.

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais

11-01-2019 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 10 de xaneiro de 2019, por modificacións incorporadas no Real Decreto 231/2017, de 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral e no Real Decreto Lexislativo 5/2000, de 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.

Novas fichas de axentes biolóxicos -DATABIO- 2018

10-01-2019 - INSST

Dentro da colección de fichas de axentes biolóxicos, DATABiO, o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo presenta novas fichas clasificadas segundo o tipo de axente, efectos na saúde e orde alfabética

Condena civil solidaria ao SPA por non avaliar o risco de acceso a un falso teito cuxa existencia descoñecía

09-01-2019 - SENTENZA

Os feitos que dan lugar a esta sentenza acaeceron cando un traballador recibiu a orde de acudir á empresa en día festivo e subir, xunto ao seu xefe, ao falso teito da nave, sen utilizar ningunha medida de prevención nin protección, caendo ambos de 6,35 metros por desprazamento dunha placa. O traballador sufriu lesións moi graves e reclamou civilmente contra a empresa, que foi condenada. A empresa presenta recurso para tentar implicar ao Servizo de Prevención Alleo na indemnización, alegando que o falso teito non estaba contemplado na Avaliación de riscos.

Publicadas as últimas NTP da serie número 32

09-01-2019 - INSST

Esta publicación recolle doce números, do 1113 ao 1124 adicados a: Cargador frontal para tractor, niveladora, pa cargadora, mantemento e volta ao traballo, consignación de máquinas, pesca de cerco, seguridade nos traballos de poda en árbores, competencias, talento e condicións de traballo, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e dispositivos de enclavamento asociados a resguardos.

Recibe as novas do noso boletín dixital




Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS