EuroHealthNet
05/12/2017
Existen diferenzas baseadas no xénero en relación á esperanza de vida, anos de vida sa, comportamentos de saúde, mortalidade e riscos de morbilidade. EuroHealthNet elaborou un informe no que analiza as diferenzas baseadas no xénero nos determinantes sociais e os resultados para a saúde relacionados e por que persisten. Así mesmo, examina as políticas e os programas da UE, así como as iniciativas en marcha en Austria, Finlandia, Alemaña e Irlanda para corrixir o equilibrio existente e como se pode avanzar.
 
/Un oscuro panorama. Efectos na saúde das centrais térmicas de carbón
IIDMA
05/12/2017
O Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente (IIDMA), elaborou un informe sobre a contaminación que as 15 centrais térmicas de carbón españolas provocaron no ano 2014; entre os datos que recolle figuran 459 enfermidades cardiovasculares e respiratorias, 709 mortes prematuras polo carbón, máis de 10.500 novos episodios de asma en nenos, 163.326 días de traballo perdido e 747.686 días de actividade restrinxida (cando unha persoa non pode levar a cabo a súa actividade habitual por mala saúde); as perdas económicas sitúanse entre 800 e case 1.700 millóns de euros anuais
 
/Glifosato
Medio ambiente
04/12/2017
O herbicida poderá seguir a empregarse na Unión ata decembro de 2022, logo de dous anos de negociacións. Para prorrogar a licenza do herbicida, que expiraba a mediados de decembro, eran necesarios 16 votos favorables dos 28. A chave estivo nos indecisos: Portugal, Polonia, Bulgaria, Romanía e especialmente, Alemaña.
 
/Sentenza
Sentenza
01/12/2017
O demandante, doutor en Ciencias Químicas con ampla experiencia en tarefas de investigación, participou nun proceso de selección para a contratación dun traballador para un posto de traballo ofertado por unha empresa adicada á actividade de investigación industrial. O demandante foi sometido a un trasplante renal no ano 2011,presentando a día de hoxe función renal normal con tratamento inmunodepresor. No recoñecemento médico previo, o médico do servizo de prevención alleo emitiu un informe do exame de saúde practicado, no que se indicaba “recoñecemento sen alteracións significativas; apto con limitacións laborais por transplante renal” para o posto“ deposición de materiais -impresión funcional”, e se sinalaba "considérase ao traballador como traballador especialmente sensible polo seu estado de saúde e emítense as seguintes medidas preventivas: non debe realizar tarefas con risco de exposición a: nanomateriais, produtos considerados nefrotóxicos ou mutaxénicos, radiacións ionizantes, non debe traballar con exposición a risco biolóxico."
 
Clima
27/11/2017
Está previsto que o Acordo de París, marco xeral da loita contra o cambio climático, comece a aplicarse en 2021. Os negociadores/as reunidos en Bonn no denominado COP23, veñen de traballar na elaboración dos regulamentos de desenvolvemento do Acordo de París; temas como a contabilidade das emisións de cada estado así como a financiación terán que esperar para ser resoltos á reunión prevista para finais do vindeiro ano na cidade polaca de Katowice, na data tope que marca o propio acordo.
 
GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
29/12/2016
No actual contexto no que a esperanza de vida supera en 20 anos a idade de abandono da actividade laboral, as previsións para a sociedade española indican que de cara ao ano 2.050 teremos menos poboación e máis avellentada. Neste horizonte temporal relativamente próximo, dende os distintos estados da UE considérase necesario incrementar a participación laboral dos traballadores e traballadoras maiores, retrasando a súa idade de saída do mercado laboral como medio para aliviar no posible a presión sobre os sistemas de protección social. O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral ven de publicar a Guía "Seguridade e Saúde Laboral para traballadores e traballadoras maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes", incluída dentro do proxecto do mesmo título no que estivemos a traballar neste ano 2016.
 
Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
27/07/2017
O Acordo Marco Autónomo sobre o Envellecemento Activo cun enfoque Interxeracional é o resultado das negociacións mantidas entre as patronais europeas (Eurobusiness, CEEP e UAPME) e a Confederación Europea de Sindicatos (CES), co fin de abordar a participación activa dos/as traballadores/as de maior idade no mercado laboral dende un enfoque interxeracional. Neste documento promóvese a transferencia de coñecementos e experiencias no lugar de traballo así como o emprego de ferramentas e a implementación de medidas destinadas ao acondicionamento dos lugares de traballo, a adaptación dos procesos produtivos, a reasignación e redistribución de tarefas, a realización de avaliacións de riscos específicas e eficaces en relación a esta problemática, programas de sensibilización para a mellora voluntaria dos hábitos de saúde e a adopción de medidas que aborden a protección física e psicolóxica dos/as traballadores/as de maior idade.