Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 1/12/2017
Sentenza
A xuíza considera que o traballador é especialmente sensible á exposición a nanopartículas
O demandante, doutor en Ciencias Químicas con ampla experiencia en tarefas de investigación, participou nun proceso de selección para a contratación dun traballador para un posto de traballo ofertado por unha empresa adicada á actividade de investigación industrial. O demandante foi sometido a un trasplante renal no ano 2011,presentando a día de hoxe función renal normal con tratamento inmunodepresor. No recoñecemento médico previo, o médico do servizo de prevención alleo emitiu un informe do exame de saúde practicado, no que se indicaba “recoñecemento sen alteracións significativas; apto con limitacións laborais por transplante renal” para o posto“ deposición de materiais -impresión funcional”, e se sinalaba "considérase ao traballador como traballador especialmente sensible polo seu estado de saúde e emítense as seguintes medidas preventivas: non debe realizar tarefas con risco de exposición a: nanomateriais, produtos considerados nefrotóxicos ou mutaxénicos, radiacións ionizantes, non debe traballar con exposición a risco biolóxico."

Sentenza

A raíz do informe médico do servizo de prevención,  a empresa comunica ao demandante que non sería contratado como estaba previsto "dado que á empresa non lle era posible adaptar o posto de traballo ás recomendacións médicas, pois o posto implicaba o traballo con nanomateriais".

O demandante expuxo ante o Xulgado do Social demanda en reclamación de danos e prexuízos contra o servizo de prevención alleo, o médico do mesmo que emitiu o informe citado e a compañía aseguradora, ao entender que o informe do Servizo de prevención era "inaceptable, incorrecto e contrario á evidencia científica actual cualificar ao actor de non apto para traballar con nanopartículas/ nanomateriales pola circunstancia de ser un trasplantado renal desde 26/10/2011, alegando que esa actuación ocasionoulle o prexuízo de non ser contratado".

En apoio á demanda presentáronse informes de facultativos do epartamento de Nefroloxía da Clínica Universitaria de Navarra, do Servizo Navarro de Saúde Laboral, do Servizo de Nefroloxía e Transplantes Renais do Hospital Clínic de Barcelona, da área de Nefroloxía do Complexo Hospitalario de Navarra, que precisaban que non había motivos para considerar que, polo feito de ser transplantado renal, o señor E.A. C. puidese considerarse  especialmente sensible á exposición a nanomateriales. O médico forense emitiu un informe no mesmo sentido. En cambio, as doutoras, bióloga e experta en Seguridade e saúde no traballo en relación aos nanomateriales da Universidade Politécnica de Catalunya e a médica especialista en Medicina do Traballo e responsable da Unidade de saúde laboral na rexión sanitaria de Lleida, Alto Pirineo e Arán do Departamento de saúde da Generalitat de Cataluña así como profesora do Curso Nanotecnoloxía e prevención de riscos laborais impartido pola citada universidade, emitiron senllos informes nos que consideraban xustificada a cualificación emitida polo servizo de prevención, é dicir, que sí debía ser considerado especialmente sensible á exposición a nanomateriales. Así na súa sentenza a xuíza considera que "se declararon acreditados os aspectos técnicos científicos máis relevantes da cuestión controvertida, valorando a totalidade dos informes e ditames periciais obrantes en autos, sendo o parecer desta  xulgadora que desde o punto de vista científico non é tanto que sexan contraditorios entre si senón que abordan a cuestión dos riscos das nanopartículas desde distintos puntos de vista, achegando distinta información e estando os informes periciais das doutoras máis actualizados desde o punto de vista científico por canto que están baseados en estudos máis recentes, e por iso dáselles maior probatorio en canto contradigan afirmacións doutros informes, como o do médico forense, que ademais de non ser un especialista nesta materia emitiu o seu sen ter en conta os informes destes dous peritos pois o fixo con anterioridade ao acto da vista"."O informe médico en ningún caso pode cualificarse de equivocado ou erróneo, debería quedar acreditado que a exposición ás nanopartículas non supón nin entraña un especial risco para o actor pola súa condición de transplantado renal e esa circunstancia de ningún modo quedou acreditada. Trátase dunha cuestión técnica e, respecto diso, no que todos os informes médicos-biólogos-forense-saúde pública, etc obrantes en autos coincidiron é en que na actualidade non existen datos suficientes sobre os efectos das nanopartículas sobre a función renal por canto que a súa potencial toxicidade –que non se discute- non pode medirse cientificamente aínda a día de hoxe, tratándose dunha materia nova respecto da que non existen aínda suficientes estudos. A partir de aí xorde a discrepancia e algúns informes conclúen que, non estando cientificamente comprobado ese risco, o actor pode traballar con nanoparticulas igual que calquera cidadán, mentres que outros informes entenden que non debe facelo, se a finalidade é a protección da súa saúde, debido a que pola súa condición de trasplantado renal a súa inmunidade está especialmente afectada debido aos inmunodepresores que debe tomar para evitar o rexeitamento do ril doado, cunha especial predisposición a sufrir infeccións, etcétera, a pesar de que a función renal sexa correcta. En definitiva, cando a ciencia non pode probar algo, iso non significa necesariamente que iso non é verdade, e ese axioma filosófico serve para descartar que o informe médico ao que se imputa o dano sexa erróneo".  " Esta  xulgadora faise cargo da frustración do demandante, que se viu privado dun posto de traballo desexado no seu país despois de superar con seguridade numerosas dificultades debido á súa doenza renal que requiriu mesmo un transplante. Con todo, o que sufrise un dano non implica que deba ser reparado a través da responsabilidade extracontractual reclamada na súa demanda e menos que deba declararse que o responsable dese dano é un servizo e un facultativo médico que non cometeron ningunha conduta antixurídica reprochable, polo que non merecen ser condenados á indemnización reclamada. Non está previsto legalmente que en casos como o presente, por exemplo, a persoa afectada por unha discapacidade como o demandante poida asumir libre e voluntariamente o risco, o que esixiría un debate social e normativo sobre o conflito que nestes casos exponse entre dous valores moi importantes como son a saúde e o traballo, debate que a día de hoxe non está plasmado no noso ordenamento xurídico". Ligazón ao texto íntegro da sentenza

 

1