Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 28/11/2017
Eurofound
Poboación inactiva: un segmento con potencial de emprego
No conxunto da UE, o 28% das persoas en idade laboral son economicamente inactivas, é dicir, non traballan, non buscan traballo e / ou non están dispoñibles para traballar, segundo o definido pola Organización Internacional do Traballo (OIT). Eurofound levou a cabo un informe de investigación que explora a poboación inactiva europea, un conxunto heteroxéneo que conta cun gran potencial de emprego.

Poboación inactiva: un segmento con potencial de emprego

O informe amosa que a moitas das persoas económicamente inactivas lles gustaría ter algún tipo de traballo remunerado, dadas as condicións adecuadas. Outros poden necesitar máis tempo para prepararse para o mercado de traballo, como as persoas con problemas de saúde ou discapacidade. Segundo Eurofound, "deberían fomentarse as políticas que faciliten a transición da inactividade ao emprego (como a capacidade de manter algunhas prestacións sociais unha vez que se comece a traballar, a titoría ou a capacitación no traballo)".

Ligazón ao informe Poboación inactiva: un segmento con potencial de emprego (en inglés)

Incluímos a ligazón aos materiais elaborados dentro do Proxecto piloto do Parlamento Europeo sobre a saúde e a seguridade no traballo dos traballadores de máis idade desenvolvido pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo 

1