Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 6/9/2017
SAÚDE
O bisfenol A incluído na lista de sustancias químicas “moi preocupantes” pola Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas
A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) incluíu ao bisfenol A (BPA) na lista de “substancias altamente preocupantes” debido a que este composto químico amplamente utilizado na produción de plásticos é un disruptor endocrino, é dicir, é capaz de alterar o equilibrio hormonal en humanos.

Bisfenol A

O bisfenol A é un produto químico utilizado na produción de plásticos de policarbonato e os revestimentos dalgúns tipos de latas de alimentos e bebidas. Diversos estudos indican que ten efectos disruptores endocrinos e que pode ter consecuencias adversas para a saúde para a reprodución, o sistema nervioso, o sistema inmunológico, e para os riscos de cancro.

A decisión de incluír ao bisfenol A en esta lista foi adoptada por unanimidade no Comité dos Estados membros de ECHA, reunido en Helsinqui, segundo unha nota difundida por este organismo. A decisión responde a unha proposta presentada por Francia na que se destacaba que diversos estudos alertan desde hai anos que o bisfenol A pode provocar efectos adversos para a saúde, incluíndo alteracións no desenvolvemento das glándulas mamarias, funcións cognitivas e metabolismo.

1