Logotipo CIG Confederación Intersindical Galega - Gabinete técnico de Saúde Laboral - 7/9/2017
MEDIO AMBIENTE
O 70% das emisións mundiais as producen 100 compañías
Segundo un estudo de The Carbon Majors (CDP), -organización sen fins de lucro- un grupo relativamente pequeno de produtores de combustibles fósiles pode ser a clave do cambio climático. Son unhas cen as empresas que producen máis do 70 por cento das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro dende 1988.

Gases efecto invernadoiro

O informe, elaborado a partir dunha base de datos de emisións públicas e que busca ser o primeiro dunha serie de publicacións para destacar o papel que as empresas e os seus investidores poderían desempeñar na loita contra o cambio climático, atopou que máis da metade das emisións industriais mundiais dende 1988 pódese rastrexar en só 25 empresas e entidades estatais. A escala de emisións históricas asociadas con estes produtores de combustibles fósiles é o suficientemente grande como para contribuír significativamente ao cambio climático. Entre as empresas máis emisoras figuran ExxonMobil, Shell, BP e Chevron.

En contraposición estarían as empresas que están a actuar de maneira oposta como Apple, Facebook, Google e Ikea, que se comprometeron a 100 por cento de enerxía renovable.

En España, segundo os últimos datos do Rexistro Nacional de Emisións de 2015, dez empresas xeran o 70% de todo o CO2 xerado de forma directa polas instalacións industriais do país. Corresponden ás que saen por chemineas de centrais eléctricas, refinerías, cementeiras ou acerías. Endesa encabeza o ránking co 24,32% das emisións fixas, basicamente pola queima de carbón nas súas plantas.. Se se mira de forma global, estas compañías representan o 28,06% das emisións totais de gases de efecto invernadoiro do país.

1